Spell with flickr é unha aplicación que nos permite construír palabras utilizando imaxes de letras atopadas en Flickr. Pódevos resultar de interese para portadas de traballos, deseño de cartaces, encabezamentos das publicacións na rede… toda vosa!
Internet
III Premio Espiral Edublogs09
Xa esa en marcha a terceira edición do Premio Espiral Edublogs09, así que se tedes un blogue educativo podedes presentarvos para dalo a coñecer entre a comunidade educativa, e quen sabe, tal vez gañar un premio.
Con estes premios preténdese valorar a importancia e repercusión dos blogues na educación, recoñecer o traballo do profesorado, servir de escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera e favorecer canles de opinión e debate.
As categorías son:
- Blogues individuais de profesores e profesoras.
- Blogues colectivos de profesores e profesoras.
- Blogues de Centros educativos.
- Blogues de Aula.
- Blogues de Asesoramiento, formación e asociacións educativas.
Non se admiten a concurso blogues individuais de alumnos ou alumnas, senón que esta convocatoria só é para o profesorado.
Indican que as valoracións realizadas aos diferentes blogues serán tidos en conta polo xurado, así que se queredes podedes deixar un comentario na información do meu blogue.
Animádevos a presentar os vosos traballos!
A biblioteca radiada e o libro televisado
O documentalista belga Paul Otlet foi un dos primeiros visionarios de Internet, pois publicada na súa obra de 1932 “Tratado sobre Documentación. O libro sobre o libro.” unha visión sobre o futuro dos soportes e distribución da información. Este home pronosticou hai máis de oitenta anos unha rede inmediata e universal moi similar ao que hoxe é Internet.
Pódelo ver neste vídeo:
(Fonte: ilustrae)
Como imaxinas ti o manexo da información dentro de 80 anos?
Interpretación gráfica do código html
Aquí podes ver a interpretación gráfica da páxina principal deste blogue a día de hoxe:

Baséase nas etiquetas usadas no código HTML da web.
- Bolas azuis = ligazóns (a)
- Bolas vermellas = táboas (table, tr e td)
- Bolas verdes = capas (div)
- Bolas violetas = imaxes (img)
- Bolas amarelas= formularios (form, input, textarea, option)
- Bolas laranxas= saltos de línea e citas (br, p, e blockquote)
- Bolas negras = o nodo raíz (html)
- Bolas grises= tódalas demais etiquetas (tags)
Introduce aquí a url da túa web para obter a súa interpretación gráfica.
Máis información nesta ligazón
(vía: cuarto derecha)
A web semántica
No seguinte vídeo explícannos de xeito sinxelo de que vai a web semántica.
Grazas a Dreig por ensinárnolo e a Alberto pola tradución a galego.
Máis información:
– Guía breve de web semántica de W3C
– Web semántica na galipedia













