Lámpadas que levitan

flytePreciosa esta combinación de levitación magnética coa tecnoloxía sen fíos de transmisión de enerxía. “Flyte” é obra de Simon Morris e trátase dunha lámpada que semella unha antiga de incandescencia pero que no interior está composta por LEDs. Levita xirando sobre unha base que funciona coma unha estación de carga sen fíos por indución electromagnética, o que provoca o acendido dos LEDs.

Podes velo no seguinte vídeo:

[Flyte : Levitating Light from Narwhal Pictures on Vimeo]

Polo aire non se transmite electricidade, senón un campo magnético. Cando unha bobina se sitúa preto da outra, por efecto do campo magnético xérase nesta última unha corrente eléctrica, que fai que se acenda o LED.

Se queredes, podedes probar este sinxelo experimento de acendido dun LED por indución electromagnética. Necesitades construír dúas bobinas (unha emisora e outra receptora) e conectar un transistor, unha resistencia e un LED, tal e como explican neste vídeo:

[youtube: Proyectos | Transmisión Inalámbrica de Energía Eléctrica – Muy fácil de hacer]

electricidade_senfios


Lámpada con pinzas

Aproveitando as vacacións e que o tempo está de chuvia e vento, que tal construír unha lámpada con cousas atopadas na casa?

lampada_pinzas.jpg

O deseño da imaxe é de David Olschewski, e resulta moi doado de reproducir cunhas pinzas da roupa, un pouco de cola branca e os compoñentes eléctricos. Esta é unha lámpada de mesa, pero poderíase facer igualmente unha de teito, utilizar pinzas de plástico de cores ou crear unha con outros materiais.

E se che fai falta un colgadoiro, aquí tes un ben simple:
fukasawa-resseny.jpg

E xa que estamos coa simplicidade, non te perdas este organizador de cables:
binderclips-kabels.jpg


Robolámpadas

Conectando de xeito imaxinativo elementos de fontanería e electricidade podemos construír lámpadas do máis orixinal, como fai o deseñador croata Robert Matysiak.

[Ver en slidemypics]

Anímaste a facer unha lámpada destas para a túa casa?

Necesitas unha lámpada (mellor de baixo consumo), un portalámpadas, un interruptor, un enchufe, cable paralelo, … e calquera material usado con imaxinación, se é reciclado mellor.
Para evitar despistes con algún cable solto, mellor usa un material illante para a estrutura.

Poden interesarte tamén estas lámpadas con tubos e billas.

(visto en gizmodo.com)


Lámpada con tubos e billas

Os períodos de vacacións son un bo momento para cacharrear, e se podemos aproveitar o material de refugallo para facer cousas novas mellor que mellor.

Hoxe atopei en technabob.com un deseño que me gusta: lámpadas fabricadas con tubos e pezas de billas. Acéndense e apáganse, como non podería ser doutro xeito, mediante unha chave de paso.

Aquí tes unhas fotos:
(Ver en slideMyPics)

A ver se atopo material para facerme unha lámpada destas.
Algunha idea máis para fabricarse unha lámpada de escritorio?


Adeus, lámpada incandescente.

Segundo as “31 medidas para o aforro enerxético do ministerio de Industria” preténdese para o ano 2012 a eliminación completa do mercado das lámpadas de baixa eficiencia para substituílas completamente por lámpadas de baixo consumo.

A lámpada incandescente leva tantos anos acompañándonos que creo que merece unha despedida en condicións. Aquí vai unha composición artística adicada a ela:

[m_001 / zhestkov.com on Vimeo.]

Outras intervencións: www.ak3d.de e www.incandescentsculpture.com

self ilumination I self ilumination II incandescent sculpture