Prácticas do Obradoiro “Robots en acción” das X Xornadas

Para o profesorado:

Aquí tedes as prácticas do obradoiro “Robots en Acción” das X Xornadas de Tecnoloxía de Galicia:

Publicaranse tamén na web de APETEGA, no apartado de obradoiros.

Hai quen me preguntou se podía utilizalas co alumnado. Non hai ningún problema. Podedes usalas e modificalas, pero respectando a licenza Creative Commons que aparece no encabezamento.

O obradoiro foi dun nivel básico, inicial, e visto que houbo xente que asistiu para preguntar dúbidas e resolver problemas de programación máis complexos, poderíase pensar nun un obradoiro de nivel II para as seguintes xornadas se é que hai demanda. Xa se verá.

En todo caso, se tedes algunha dúbida concreta podedes escribirme un correo e intentarei axudarvos.


Calculadora de transmisións Lego

O blogue de Robótica Recreativa dános a coñecer unha interesante aplicación para calcular as relacións de transmisión dos trens de engrenaxes que fagamos con Lego: LEGOâ„¢ Gear Ratio Calculator

Chega con elixir a engrenaxe motriz e a condutora dunha serie de imaxes para que nos diga cal é a relación de transmisión correspondente e poidamos calcular a velocidade final do conxunto.

Tamén podemos seleccionar distintos buratos dun conxunto de ladrillos ou Liftarms para saber cales son as engrenaxes que podemos empregar para cada distancia, e dános tamén a relación de transmisión resultante para a parella elixida.

engrenaxes_lego.png


Obradoiro de Robótica Enxeño 2010

Coma no 2009, este curso o alumnado de 2º de ESO tamén asistiu ao Obradoiro Enxeño que organiza a ETSE de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

Os rapaces e rapazas tiveron que montar os sensores dun robot Lego e programalo para que realizase algunhas accións en resposta ás condicións do entorno.

Aquí tedes o vídeo da actividade:


[Obradoiro de Robótica Enxeño 2010 from María L on Vimeo.]

En 4º de ESO comezaremos a traballar dentro de pouco cos robots, pero con desafíos nos que tedes que rompervos máis a cabeza. Ídevos preparando.

(Música do vídeo: Pump Up The Jam. The Lost Fingers)


Seguiremos coa robótica!

lego-nxt.jpgConfirmado! O Ministerio de Educación concedeunos unha axuda para a ampliación do proxecto de robótica que iniciamos hai dous anos
“Didáctica da robótica para a diversidade educativa mediante a introdución do método Lego Mindstorms”
dentro da a convocatoria de Axudas para o establecemento de agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comuns, na modalidade “B”.

Aínda temos que organizar a actividade, pero adiántovos que participará o alumnado de tecnoloxía de 4º ESO e de 1º de Bacharelato, e que este curso faremos o agrupamento co IES EL Greco, de Toledo, que esperamos que veñan a Baiona a participar nas xornadas de robótica que imos facer no Insti.

Se queredes saber como foron as xornadas do curso pasado podedes visitar o post: Fotos das xornadas de robótica Baiona-Velilla. Alí tedes este vídeo e as novas publicadas nos xornais.


[Xornadas de robótica Velilla-Baiona from María L on Vimeo.]

En maio pretendemos participar na competición de robótica “Robocampeones”. A ver se se repiten os resultados do curso pasado e traemos unha copa. Mirade a información no post “Baiona robocampioa!
Tedes que traballar duro, pois só levarei aos mellores.

campions2.jpg
[Foto conxunta dos equipos gañadores en Robocampeones 09]