Do CERN a Compostela coa Física de Partículas

O noso instituto non se apuntou debido a que houbo moi pouco tempo para organizalo e para adaptarse ao horario marcado, pero xa podemos ver na rede a videoconferencia “Do CERN a Compostela coa Física de Partículas” que tivo lugar o pasado 4 de novembro, na Xornada pola Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.

Nela, investigadoras e investigadores galegos do CERN (Xenebra) e da Facultade de Fisica da USC explicaron ao alumnado de secundaria os proxectos científicos que desenvolven na actualidade no campo da física de partículas, facendo ver á sociedade que o galego é unha lingua perfectamente válida para transmitir ciencia e tecnoloxía do máis alto nivel.

[Do Cern a Compostela coa Física de Partículas from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.]

Podes ver aquí máis publicacións no blogue sobre o CERN


Simulador do LHC

Hoxe ponse en marcha de novo o Gran Colisor de Hadrones do CERN, que pretende facer chocar feixes de protóns. Podedes seguilo en directo aquí.

Ao chocar entre si, os protóns desintegraranse en partículas elementais, o que permitirá estudar:

  • Cantas partículas totais hai no átomo. En Educación Secundaria estúdase que que os átomos están formados por protóns, neutróns e electróns, pero en realidade mirando máis ao fondo atopamos moitas partículas elementais (quarks, leptóns e bosóns).
  • Que é a masa. Si, iso que tan acostumados estamos a tocar aínda non se sabe moi ben que é exactamente.
  • Cal é a orixe da masa das partículas. A teoría dálle a responsable disto ao Bosón de Higgs, pero aínda faría falta comprobalo experimentalmente.
  • Que é a materia escura. Sábese que existe, pero cos medios actuais non pode ser estudada. A ver se co LHC descúbrese algo máis.

Antes de poñer o LHC en marcha os científicos e enxeñeiros (e científicas e enxeñeiras) do CERN levan meses facendo probas nos sistemas de guiado dos feixes de protóns e nos sistemas de protección dos instrumentos.

¿Queredes facer estas probas?
En realidade non debe de ser tan sinxelo como nolo pintan neste simulador, pero válevos para ter unha idea do que están a facer alí.

LHC.jpg

Con este simulador podedes controlar algúns dos parámetros do LHC como a temperatura dos supercondutores, o campo electromagnético e a enerxía da colisión, que deben estar ben axustados para que o colisor funcione.

Probade con estes valores:

  • Temperatura 1,9K
  • Campo Magnético 8,4T
  • Enerxía de colisión 14TeV

Despois de bloquear os valores dádelle a “run” e podedes ver as imaxes capturadas. Logo mediante as ferramentas (tools) podedes mirar se atopastes o bosón de Higgs.

LHC.jpg

Neste vídeo podes ver o que ocorre no interior do LHC:
Da botella ao Big Bang: A viaxe dun protón no LHC

[youtube: De la botella al Big Bang: El viaje de un protón en el LHC ]

(Información: microsiervos, Simulador: Electrónica Pascual)