Imos celebrar que chega unha fin de semana soleada cun baile de figuras de papiroflexia, obra do artista xaponés Ugoita. Os paxaros teñen uns pés metálicos que se moven pola acción de campos magnéticos creados baixo a plataforma.
magnetismo
A muller magnética
Non o vin no telediario, senón que me enterei grazas a Alberto Martínez, de Desenchufados. Resulta que difundiuse en varios telexornais a seguinte reportaxe:
Unha muller adquiriu a capacidade de atraer obxectos metálicos tras sufrir unha descarga eléctrica. Volveuse magnética!
E acompañan a nova con esta foto:
Podes ler a nova completa na web de tele5.
Na noticia, despois de falar de que a muller ten propiedades magnéticas, apúntase que ademáis de obxectos metálicos a muller tamén atrae plástico e cristal (magnetismo con plástico e cristal?)
Eu alucino co nivel de coñecementos en ciencia e tecnoloxía da xente que está no xornalismo. Alguén parouse a pensar se iso é posíbel? Aínda non saben que existen os fakes?
- Proposta para o alumnado de ESO: Tendo en conta o que sabes sobre o electromagnetismo e sobre o corpo humano, deduce:
Pode unha persoa adquirir propiedades magnéticas (ou atraer obxectos variados) despois de sufrir unha cambra? Qué transformacións debería sufrir o seu corpo para que isto sucedese? Xustifica a resposta.
Post relacionado:
Outro Fake difundido nun telexornal: Teléfonos móbiles que cociñan.
Deformación magnética dunha imaxe de TV
Grazas a Electrónica Pascual entérome da existencia da videoteca do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusset), na que podemos atopar interesantes vídeos sobre tecnoloxía e ciencia.
Na sección de electrónica atopamos este experimento: Cando un potente imán achégase a unha pantalla de televisión obsérvase como se deforman a imaxe e as cores.
Isto prodúcese porque nos televisores de tubo de raios catódicos (CRT) as imaxes son producidas por raios de electróns que se desvían e aceleran ata os distintos puntos da pantalla, producindo puntos de luz na mesma. Cando achegamos o imán o que facemos é desviar eses feixes de electróns, producindo unha deformación da imaxe.
(Imaxe: sección aula do xornal El Mundo)