Monxes budistas construíndo autómatas mecánicos

Os automatismos mecánicos non só se deseñan e constrúen en clase de tecnoloxía de 2º de ESO. Mira as creacións destes monxes:


Tinkering with monks: cardboard automata from Learning Studio on Vimeo.

Atopeino en The Automata / Automaton Blog e en apps.exploratorium.edu tes máis información.

Entre os comentarios de valoración da experiencia que fixeron os monxes gustaríame resaltar esta:

“Este obradoiro é moi diferente dos demais, porque neste a responsabilidade para a aprendizaxe é nosa. Isto é moi bo”.


Do-nothing Machine

Do-nothing machine, ou a máquina que non fai nada, é un antigo xoguete mecánico que sempre me gustou.

Consiste nun bloque de madeira dividido por dúas guías a través das cales dúas pequenas pezas móvense dun lado a outro cando facemos xirar a manivela.

Trátase dun mecanismo transformador do movemento: Mentres as pezas describen un movemento lineal alternativo, calquera punto da manivela situado a partir da segunda peza debuxa unha elipse no plano. Fai a proba con esta animación en flash (de mekanizmalar.com)

Se queremos contruír este mecanismo, en instructables temos o despece e as instrucións a seguir. É moi sinxelo de facer, e aquí tes o resultado:

Pero non nos quedemos co xoguete exposto. Que farías para convertelo nunha máquina para debuxar elipses de diversos tamaños? Engadiríaslle algo ás pezas para conseguir un xoguete máis interesante?


Bicicleta no Danubio

É moi habitual utilizar a enerxía da auga para xerar electricidade, pero tamén podemos aproveitala para mover unha gran escultura cinética, como esta bicicleta que hai en Budapest, movida polas augas do río Danubio.


(Vídeo en youtube: Danube bicycle , kinetic sculpture)

Observa o mecanismo, e atoparás o sistema biela-manivela.