Tarxetas mecánicas

Chega o Nadal e, anque hoxe en día lévase máis enviar un SMS para desexar un estupendo aninovo, non está de máis utilizar o método postal tradicional para enviar unha tarxeta, anque propoño que non sexa mercada, senón de fabricación propia e … con movemento!

En thingiverse podemos atopar interesantes modelos mecánicos que podemos aproveitar para deseñar as nosas tarxetas de felicitación.

Tarxeta de engrenaxes rectas:
Ao mover a roda dentada de fóra vai aparecendo unha mensaxe. (Instrucións. Plantilla-zip)

tarxeta1.jpg

Tarxeta de engrenaxes planetarias:
Conséguese unha orixinal tarxeta mecánica. (Instrucións. Plantilla-zip)

tarxeta2.jpg

Tarxeta con engrenaxes cadradas:
Aproveita este modelo para fabricar unha tarxeta mecánica. (Instrucións. Plantilla-zip)
tarxeta3.png

Aquí tes un vídeo no que se poden observar en movemento:

[Things – Adam Mayer Digitally Designed Geared Business Cards
from Bre Pettis on Vimeo.]


Simple animatronics

En bardlund explícannos como montar unha man “animatrónica”.

Necesitamos:

  • Tubos flexibles (valen os que se usan para as instalacións eléctricas)
  • Cordel
  • Un anaco de plástico duro para soster os dedos
  • Cinta adhesiva
  • Arame groso (pódese reciclar unha percha de metal)
  • Unha luva

Como idea para un proxecto, poderiamos incorporar un mecanismo con cegoñal que tire das cordas e conseguir así que o movemento da man sexa automático.

E se queres coñecer sistemas máis sofisticados, busca información en internet sobre mans biónicas.
Un exemplo: Man biónica ‘Michelangelo’