Robots Camiñantes

Chámanos robots, pero en realidade son divertidos autómatas mecánicos. Este en forma de boneco que anda con dúas patas grazas ao sistema biela-manivela e a unha transmisión por engrenaxes semella moi fácil de construír, e véxoo ideal como proxecto para 2º de ESO, no tema de mecanismos.

[youtube: Robot Caminante en 2 patas (Fácil de hacer) walking robot] (Visto no scoop.it de Gumersindo Fernández)

O modelo é obra de “El Profe García”, que ten na súa canle de youtube unha chea de vídeos con ideas interesantes para utilizar en clase de tecnoloxía. Entre elas atopei outros bechos que camiñan, como o mecanismo do Robot araña, ou robot hexápodo, tamén moi doado de construír:

[youtube: Robot Araña o Hexapodo ( como se hace)]

Outro mecanismo interesante é o Robot verme, que utiliza tamén o sistema biela-manivela:

[youtube: Robot Gusano (Como se hace)]

É cousa de remexer un pouco máis en youtube para atopar outros modelos para construír no taller, e enchelo ata arriba de bicharía.


Manual sobre autómatas mecánicos

Ata o 30 de setembro podedes descargar gratuitamente de Cabaret Mechanical Theatre un manual de 18 páxinas do famoso deseñador de autómatas mecánicos Paul Spooner.

mechanisms1-bg.jpg

Ir á páxina da descarga: Cabaret Mechanical Theatre

Interesante e útil recurso para os proxectos de mecanismos de tecnoloxía de 2º de ESO.


[youtube: Anubis mechanical sculpture ]

Se vos gustan os autómatas, imprescindible seguir o blogue de Cabaret Mechanical Theatre e a súa canle en youtube.


Xogo: mecanismo musical

Se remataches de estudar e gústache a música pásate polo xogo Pâte à Son .

pateason.png

Debes colocar os diferentes mecanismos que aparecen na parte inferior da páxina creando un circuíto para as pezas que aparecen polos laterais do taboleiro.
Cada un dos mecanismos ten unha función e xera un son, pero só se está ben colocado. Se sitúas o punteiro sobre algún deles aparecerán unhas frechas que che permitirán viralo.

Aquí tes o xogo: Pâte à Son

(Visto en Aula de Música)


Body machines

O artista Fritz Kahn ideou en 1926 unha serie de ilustracións nas que explora os mecanismos internos do corpo humano como se se tratase dun proceso industrial.

Presenta o cerebro coma un complexo sistema electrónico, o corazón coma unha bomba de pistóns ou os ollos coma cámaras de fotos. Inclúe cintas transportadoras, salas de reunión, obradoiros mecánicos, trens para o transporte, … Bótalle unha ollada á ilustración “Der Mensch als Industriepalast”: (fai clic na imaxe para ampliala)

ManMachines-by-Fritz-Kahn.jpg

industriepalast.com é un proxecto no que engaden animación a esta fantástica ilustración de principios do século XX. Dende logo que agora podemos ver moito máis claro o proceso:

[Der Mensch als Industriepalast from Henning Lederer on Vimeo]

(Visto en likecool.com)