Aquí vai unha animación do mecanismo dunha máquina de coser:
(Visto en dossierstudio.com)
mecanismo
Autómata que camiña
Osamu Kanda é un artista que fai autómatas mecánicos de madeira. Algúns son unha virguería, pero bastante complexos para atopar ideas para os proxectos de mecanismos de 2º de ESO. Sen embargo hoxe vin en The Automata blog un simpático autómata que camiña que podería valer de idea para facer algún proxecto.
[youtube: crawl]
Pode servir de axuda para a montaxe o xerador de plantillas para facer engrenaxes do que falei hai un tempo. Logo habería que experimentar coa colocación e rañura das “patas” ata conseguir o movemento.
Se queres ver outros autómatas de Osamu Kanda podes visitar o seu canal en youtube.
Philip Lowndes Automata
A quen che recorda este boneco?
Un profe cabreado co seu alumnado, o directivo dunha empresa asfixiado coa crise, o político de turno no parlamento, …
Pode ser quen ti queiras, e se queres descargar as instrución para montarte un podes facelo desde a páxina de Philip Lowndes Automata: In my humble opinion. Tes un manual completo con 87 fotografías e ilustracións, e as plantillas a tamaño real. O malo é que non é gratis. Tes que pagar 10 libras.
Hai outros modelos moi logrados, como o desta muller comendo un sandwich, anque algo máis caro.
Hai un moi doado de facer con instrucións descargables: Snapping alligator.
Se non te animas a construír, sempre podes deleitarte coas magníficas creacións mecánicas de Philip Lowndes Automata. Handmade contemporary automata.
Proxecto de fin de semana: Ruminations
Un dos mecanismos de transformación do movemento más utilizado nos proxectos de mecanismos de 2º de ESO é a leva, que é o que se utiliza para provocar o movemento desta vaca de cartolina:
Podes descargar aquí as plantillas para montalo. (Debes utilizar cartolina)
E dálle o teu toque persoal: podes substituír a manivela por unha polea de cartón e acoplarlle un motor, e tamén engadirlle algún efecto luminoso, por exemplo, conectando uns LEDs nos ollos, pero antes de facer as conexións debes deseñar o circuíto eléctrico. Ollo cos curtocircuítos!
Parallelotree: Arte cinético cunha leva
Gústame esta escultura cinética de Aaron Geman que funciona cun sistema leva-seguidor.
Pódevos valer de inspiración para un proxecto de mecanismos.
(Visto en The automata/automaton blog)