Monxes budistas construíndo autómatas mecánicos

Os automatismos mecánicos non só se deseñan e constrúen en clase de tecnoloxía de 2º de ESO. Mira as creacións destes monxes:


Tinkering with monks: cardboard automata from Learning Studio on Vimeo.

Atopeino en The Automata / Automaton Blog e en apps.exploratorium.edu tes máis información.

Entre os comentarios de valoración da experiencia que fixeron os monxes gustaríame resaltar esta:

“Este obradoiro é moi diferente dos demais, porque neste a responsabilidade para a aprendizaxe é nosa. Isto é moi bo”.


Bicicleta no Danubio

É moi habitual utilizar a enerxía da auga para xerar electricidade, pero tamén podemos aproveitala para mover unha gran escultura cinética, como esta bicicleta que hai en Budapest, movida polas augas do río Danubio.


(Vídeo en youtube: Danube bicycle , kinetic sculpture)

Observa o mecanismo, e atoparás o sistema biela-manivela.


Xerador de engrenaxes

Grazas a microsiervos atopei este xerador de plantillas para facer rodas dentadas. Despois de introducir os datos, a plantilla imprímese en papel, e pódenos ser moi útil para fabricar engrenaxes en madeira, plástico ou metal.

компютриxerador de plantillas

woodgears.ca inclúe, ademais do xerador de rodas dentadas, curiosos proxectos de mecanismos feitos con madeira.

Versión descargable aquí