A música do ordenador cuántico IBM Q

Hai tempo que amosamos por aquí o artigo “a música das fábricas“, no que viamos como as máquinas eran capaces de facer ritmos e son do máis acompasado. Hoxe temos aquí a música que fai un ordenador cuántico IMB Q. Podédela escoitar a partir do minuto 1:32.

A computación cuántica aínda está en cueiros, non pode substituír a electrónica, pero todo se andará. De momento podemos ir vendo de que vai, coñecer un pouco o seu interior e escoitar a súa música.

Máis información: IMB Q. The future is quantum


A música das fábricas

Interesante proxecto o de Industrial JP. Coas imaxes e sons gravados en fábricas xaponesas de alta tecnoloxía crean hipnotizadores vídeos musicais que nos fan entender a fabricación mecánica con outros ollos e oídos. Nada de ruídos estrondosos e descompasados! Brazos robóticos, motores, bombas, prensas, tornos, engrenaxes e máis crean música tecno movéndose a ritmo con absoluta precisión e sincronía. Para ver e escoitar con calma.


[youtube: Sountrive GOKO BANE]


[youtube: Dorian ASAI NEJI]


[youtube: DJ Gonno SHIN-EI Press]


[youtube: Cherryboy Function SAKAMOTO Metal]

 

Podes ver máis vídeos no canal de youtube de Industrial JP.