Engrenaxes na natureza

A tecnoloxía intenta en moitos casos imitar á natureza para conseguir mellores estruturas, mecanismos e sistemas, pero a maioría das invencións nada teñen que ver con ela. Un exemplo témolo na aviación: Conseguimos facer máquinas voadoras cando deixamos de imitar o voo das aves.

Outro exemplo de sistema ideado de forma totalmente nova son as engrenaxes, que non existen no medio natural… bueno, iso ata hoxe. Acaban de descubrir un insecto, o Issus coleoptratus, que ten un mecanismo de roda dentada nas súas patas que lle permite saltar cun tempo de resposta asombroso, segundo nos contan en lainformacion.com.

[youtube: Planthopper gears in action]

Resulta curioso que algo ideado polas persoas como as engrenaxes, de súpeto, sexamos quen de atopalo nun insecto, coma se fose un deseño creado seguindo un manual de mecánica.