Esas ondas que nos rodean…

Todo o mundo escoitou algunha vez que as ondas que emite o teléfono móbil son malas, que as das antenas de telefonía móbil son horriblemente malas, que a wifi que usamos para conectarnos a Internet é mala, e somos bastante máis benevolentes coas ondas que transmiten os sinais de radio e televisión.

Pero… son realemente malas? que estudios e informes científicos existen ao respecto?

O luns pasado no programa Escépticos de ETB faláronnos deste tema:

[eitb.com: Escépticos (Capítulo 4): ¿Las ondas del mal? ]

Xa tratamos estas cousas hai algún tempo:

·
E se non sabedes que é o Espectro electromagnético, buscade en calquera sitio menos neste:

·
Actualización:
Un pouco máis de información:


Sistema Oyster de enerxía undimotriz

Hai pouco vimos en 1º de bacharelato varios sistemas que aproveitan a enerxía das ondas no post sobre enerxía undimotriz.

Hoxe coñecín un novo sistema que acaba de poñerse en marcha en Escocia e que é capaz de proporcionar enerxía eléctrica a 9.000 fogares aproveitando a enerxía das ondas. Trátase do sistema Aquamarine Power – Oyster wave energy.

oyster-energia-olas.jpg

Unha plataforma baixo o mar sostén un pesado panel de forma vertical que é balanceado polas ondas. Grazas a este movemento actívase un sistema hidráulico que leva auga a unha central en terra, encargada de transformar a enerxía mecánica do movemento en enerxía eléctrica.

Aquí tedes un vídeo:

[youtube: Aquamarine Power – Oyster wave energy device]

Máis información con fotos en aquamarinepower.com

(Visto en tec.nologia.com)


O espectro electromagnético segundo Cuarto Milenio

Se vedes Cuarto Milenio non vos creades nada do que alí se di.

Son múltiples e variadas as estupideces que contan, pero hoxe leveime as mans á cabeza. Mirade este vídeo:

youtube:Espectro electromagnético segundo Cuarto Milenio

Así que as ondas sonoras (mecánicas) son ondas electromagnéticas!!!

Vaia! Non sei entón cómo podo explicar na ESO o funcionamento dun micrófono, un altofalante, o sensor ultrasónico que usan os robots de Lego cos que traballamos, o Bluetooth, a radio, a telefonía móbil, e un longo etcétera. Tremenda burrada!

En fin, tedes unha crítica moi boa en wisphysics. Recoméndovos a lectura (ou pode que a poña obrigatoria en clase)

Segundo un reciente estudio sobre Percepción social da Ciencia e da Tecnoloxía, a fonte de información que se cita maioritariamente é a televisión (82,3%). Preocúpame ese dato, pois se a fonte principal de información son programas como o de Cuarto Milenio creo que é mellor que a xente non se informe :-(


Enerxía Undimotriz

En días de temporal resulta impresionante ver as ondas do mar, capaces de levantarse a metros de altura e levar por diante todo o que se atopen no seu camiño. Non poderiamos aproveitar toda esa desbordante enerxía para producir electricidade?

A enerxía producida polo movemento das ondas chámase enerxía undimotriz, e algúns países da Unión Europea xa están a desenvolver tecnoloxías que permitan aproveitala e transformala en enerxía eléctrica.

Nesta infografía de consumer.es podemos ver como se pode aproveitar a enerxía das ondas:

Clica aquí para ver a infografía en pantalla completa

A costa galega, que con tódalas súas reviravoltas ten 1.659 km de extensión, aínda non conta con estes sistemas de xeración de enerxía eléctrica, pero nun futuro próximo chegaremos a velos, pois xa se están a dar os primeiros pasos: Wavecat, da USC.