Esta tipografía que ves non é moi boa para ler
pero se amplías o tamaño de letra, váleche para recortar, pegar, e facerte unhas letras en 3D de papel.
Descarga a tipografía: punched-out.font
(Visto en tec.nologia.com)
Esta tipografía que ves non é moi boa para ler
pero se amplías o tamaño de letra, váleche para recortar, pegar, e facerte unhas letras en 3D de papel.
Descarga a tipografía: punched-out.font
(Visto en tec.nologia.com)
Hoxe en día a maioría da xente utiliza cámaras dixitais para sacar fotos, pero se queres volver aos oríxenes da fotografía química podes probar construír unha cámara estenopeica de papel.
Tes que imprimir un documento en PDF que contén as plantillas e instrucións a seguir e poñerte mans á obra.
Necesitas un carrete de fotos (Canto tempo hai que non mercas un?) e cun pouco de maña tal vez consigas sacar fotografías da calidade das da galería da páxina do proxecto.
(Visto en maestroalberto)
E se cortar, dobrar e pegar papel non é ou teu, podes probar este outro modelo de cámara:
Actualización marzo 2010:
Outras cámaras de papel :
Hai 40 anos que os astronautas Armstrong , Aldrin y Collins chegaron a Lúa. Para celebrar este aniversario, se es manitas e tes paciencia, podes construír unha maqueta de papel do módulo lunar Apollo 11.
A transcendencia do feito non é só que unha persoa chegase a pisar o noso querido satélite, senón toda a tecnoloxía que fixo posíbel ser capaz de chegar alí e regresar, como por exemplo, e entre moitas outras cousas, desenvolver unha rede de comunicacións que permitise estar en contacto cos astronautas a miles de km de distancia e recibir as imaxes tomadas, nunha época na que se traballaba nun formato analóxico e a comunicación dependía da instalación dunha rede de cables. Todo un reto que iniciou o cambio na nosa forma de comunicarnos.
Non menos curioso é o ordenador de navegación utilizado. Chamábase AGC (Apollo Guidance Computer) e funcionaba cunha velocidade de procesamento de 1 MHz, 4 Kb de RAM, 32 Kb de ROM, e 4 rexistros de 16 bits. Non tiña pantalla, senón un simple display, e tampouco tiña disco duro, senón que os programas almacenábanse en memorias de ferrita.
Pois só con iso a nave nodriza era capaz de guiar ao módulo lunar, controlar os motores, manter a orientación das antenas e calcular traxectorias. E logo o alumnado chámalles chatarra aos pentium III que temos no taller 1 do insti, coa de cousas que son capaces de facer esas máquinas ;-)
Se queres ver vídeos das exploracións da NASA, podes achegarte polo canal NASAexplorer de youtube.
Tamén podes visitar o proxecto “We Choose the Moon†que recrea toda a misión do Apollo 11 en 11 etapas en tiempo real.
Actualización 25 de xullo de 2009:
Os 15 inventos da NASA que cambiaron as nosas vidas.
Un dos mecanismos de transformación do movemento más utilizado nos proxectos de mecanismos de 2º de ESO é a leva, que é o que se utiliza para provocar o movemento desta vaca de cartolina:
Podes descargar aquí as plantillas para montalo. (Debes utilizar cartolina)
E dálle o teu toque persoal: podes substituír a manivela por unha polea de cartón e acoplarlle un motor, e tamén engadirlle algún efecto luminoso, por exemplo, conectando uns LEDs nos ollos, pero antes de facer as conexións debes deseñar o circuíto eléctrico. Ollo cos curtocircuítos!
En epson.com.sg podemos baixarnos uns modelos para construír letras e números de papel como as que podes ver aquí:
Pode ser un recurso útil para facer carteis, decorados para obras de teatro, intervencións tecnoartísticas ou o que queiras.
Mellor imprimir en cartolina ou papel groso, especialmente se imprimes ou fotocopias as plantillas en tamaño A3 ou maior.