tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Sensorama Machine: Realidade virtual en 1957

Lendo vellos artigos de neoteo.com atopeime coa primeira experiencia de realidade virtual * da historia. Non foi hai un par de décadas, como poderiamos pensar, senón hai máis de 50 anos.

Trátase de Sensorama Machine, de Morton Heilig, un dispositivo capaz de reproducir películas de cine en 3D que reproducía son estéreo mediante dous altofalantes, vibracións, a sensación de vento e ata algúns cheiros. Unha das primeiras películas que se proxectaron na máquina Sensorama consistía nunha viaxe en bicicleta ao longo e ancho dalgunhas rúas de Manhattan.
Podes ver aquí a pantente #3,050,870

Sensorama

Nunha época na que moi pouca xente tiña televisión en cor e non existían os efectos especiais, animacións e os xogos de agora, a experiencia vivida en Sensorama Machine debeu ser impactante.

Podes ver o artigo completo en neoteo.com, no que nos amosan outros inventos de realidade virtual da época.…