O robot Trololó

A canción do “Trololó” está tan de moda que non son unicamente os cantantes os que fan versións dela, senón que tamén se animan os robots.

Bótalle unha ollada a este vídeo:
[youtube: robot tralala](Visto en nopuedocreer.com)

É obra de Hideyuki Sawada, e en realidade non canta tan ben, pero a diferenza da maioría de robots que utilizan a electrónica e altofalantes para reproducir sons, este utiliza a pneumática facendo pasar aire a través dunhas cordas vogais artificiais.
Un sistema mecánico controlado por ordenador dálle á gorxa e á boca de silicona a forma necesaria para producir cada ton, permitindo que o robot poda falar e cantar case como se dun humano se tratase.

trololo1.jpg

Aquí podes ver vídeos reais dalgúns prototipos. Pode ser que nuns anos consigan cantar o “trololó” perfectamente sen ter que facer unha montaxe, pero polo de agora só emiten algúns sons que non chegan á calidade da fala humana.

[Lista de reprodución youtube: talking robots]


Espertador pneumático

Xa queda moi pouco para que comecen as clases. Se es dos que lles custa levantarse polas mañás e non lle fas caso ao espertador, sempre podes probar algo máis drástico, coma este espertador que funciona acoplando un cilindro pneumático á cama, accionado por unha electroválvula e controlado por ordenador.


youtube: Worlds Biggest Alarm Clock

Mañá comezan os exames de setembro, así que non te esquezas de poñer o espertador.

Podes ver aquí outros modelos de espertadores.


Música tele-robótica

Vía Make, atopo inormación sobre un proxecto no que persoas de todo o mundo poden participar a través de internet para facer música: Telematic Drum Circle. Desgrazadamente xa non está dispoñible a pariticipación.

Trátase dun proxecto artístico presentado en ArtBots 08 que combina robótica, telemática, pneumática e música. (Ver esquema do control)

Consta dun conxunto de tambores dispostos en círculo que son manipulados a través de internet por usuarios e usuarias de todo o mundo, que deben sincronizarse para crear unha composición musical. A intención é promover a harmonía global en todo o mundo.

Aquí está o vídeo:

Outro proxecto de creación de robo-música telemática é Absolut Quartet, de Jeff Lieberman e Dan Paluska. Desgrazadamente, tampouco está accesíbel a participación.

Neste sistema, unha persoa a través de internet teclea unha melodía, e a máquina xera en tempo real unha peza musical baseada na música de entrada.

O principal instrumento é un lanzador de bolas de goma, perfectamente dirixidas para que reboten nunhas teclas de madeira. Tamén hai un conxunto de vasos de viño manexados por dedos robóticos, e un conxunto de instrumentos de percusión que completan o instrumento.

(Esta entrada dedícolla a Iván, polo seu robot-xilófono)