Dardos

dardos.jpgNon son moi amiga dos memes e cadeas de envíos, pero xa que Xano, o meu colega de experiencias telemáticas, envíame un dardo, non podo facer outra cousa que agradecerllo de corazón.

Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.

Este Prémio obedece a algumas regras:
1) Exibir a imagem do selo;
2) Linkar o blog pelo qual se recebeu a indicação;
3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.

Son moitos os blogues aos que lles daría un ou dez premios, pero vou acotar: Elixirei dous blogues de ensino da tecnoloxía en secundaria que escriban en galego, un veterano e un de recente creación.

  • Un dardo para a nosa compañeira Teresa, unha veterana na blogosfera, pois aí mantense ao pé do canón dende o 2005 co seu “Blog de Tecnoloxía“.
  • E outro dardo para un recén nado, o “Capitán Nemo“, que en apenas un mes de vida xa nos deleita con interesantes artigos.

Que servan estes dardos de ánimo para continuar alimentando a rede!

….

dardo1.gifE xa que falamos de dardos, se vos interesa, podedes consultar:


Premios a Recursos Educativos 2008

Infórmannos dende RedeTIC que xa está publicada a resolución dos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2008.

Entre os traballos gañadores atopamos varios especialmente útiles para o ensino da tecnoloxía na educación secundaria.

teresamancebo.pngNa modalidade de Materiais curriculares web, o segundo premio lévao o Curso de iniciación ás tecnoloxías da Información, de Marco Antonio Grande, que consiste nun curso catalogado e estruturado en Moodle, con recursos e exercicios sobre a web social, edición de audio, video, deseño, redes, etc., e un dos terceiros premios é para a nosa compañeira Teresa Mancebo, polo seu blogue “O blog de tecnoloxía” (http://tecnoloxia.blogspot.com), con experiencias, recursos e información para o alumnado de tecnoloxía.

Na modalidade de Galerías de imaxes e vídeos didácticos, o terceiro premio vai para Gumersindo Monteagudo, que presentou “Obradoiro de tecnoloxía“, unha galeria multimedia sobre os diferentes aparellos e recursos utilizados na aula de tecnoloxía, videos explicativos de uso e propostas didácticas.

Agora falta que publiquen en liña estes materiais para podelos consultar e utilizar.

Parabéns aos gañadores e gañadoras!


Premios á innovación educativa 2007

Na resolución dos premios á innovación educativa 2007 atopamos recursos interesantes para o ensino da tecnoloxía:

Na modalidade A, de experiencias, o primeiro premio levouno I Olimpiada Tecnolóxica: A tecnoloxía no camiño , da asociación educativa TecnoGalicia. Unha proposta moi interesante para traballar a tecnoloxía fóra das aulas e de maneira colaborativa entre varios centros.

logopelegrin

Na modalidade B, de materiais, hai dous premios para materiais de tecnoloxía:

Seccións bilingües: Mechanisms – mecanismos
Trátase dunha introdución ós mecanismos básicos en inglés do IES Fonmiñá (A Pastoriza, Lugo)

Ámbito científico-tecnolóxico-matemático: Maqueta de placa solar microcontrolada
Un proxecto do departamento de Electricidade do I.E.S “Punta Candieira” de Cedeira pra ciclos formativos.

cociña solarNos premios á innovación sobre a educación nos valores democráticos, o primerio premio lévao “As cociñas solares“, un proxecto de colaboración entre o departamento de tecnoloxía e o ciclo formativo de cociña do IES Paseo das Pontes (A Coruña). Tecnoloxía e cociña únense para atopar novas formas de cociñar de xeito sustentable utilizando a enerxía do sol.

Nesta páxina podes ver o resto de traballos galardonados: premios de innovación educativa 2007


2º premio!!

premios No DOG de hoxe, martes 18 de decembro, saíu publicada a resolución dos Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2007. O traballo “Tecnoloxía na Educación Secundaria” recibe o segundo premio na modalidade de materiais curriculares web.

Cando presentei este recurso en setembro, apenas tiña publicadas unhas poucas novas no blogue e as seccións e “electricidade” e “o ordenador”, e a verdade é que dubidaba de que concederan o premio a un proxecto con licenza creative commons, aberto e dinámico e que xa estivera circulando na rede, xa que ata agora os contidos premiados foron sempre materiais pechados, de moita calidade, pero que apenas se actualizaban posteriormente. Entendo esta resolución coma un incentivo para a elaboración de materiais abertos e dinámicos, en consonancia coa web 2.0 actual, e non estaría mal unha actualización das bases da convocatoria neste sentido.

Pois nada, que estou encantada de que se recoñeza este traballo con este premio, pero é máis satisfactorio para min saber que os recursos de tecnoloxia.org están a usarse por alumnado doutros centros e que resultan útiles para o profesorado, pois esa é a intención deste sitio, que seguirei actualizando pouco a pouco.

Parabéns ao resto de gañadores e gañadoras. Non vos perdades o primeiro premio: A auga, aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial, de Antonio Lomba.


VI Premio Galicia Innovación Júnior

Galicia Innovación JuniorXa está publicada a VI convocatoria do premio Galicia innovación Junior

Mozos e mozas de 12 a 18 anos poden presentar un traballo no que se explique a idea dun novo produto, servizo ou maneira distinta e innovadora de producir algo xa existente. O xurado valorará a orixinalidade da proposta, a súa utilidade, a posibilidade de aplicación práctica e o grao de desenvolvemento do proxecto presentado. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas propostas.

A data límite de presentación das solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2008.

Animádevos a participar coas vosas orixinais ideas. Podedes gañar un ordenador portátil e unha cámara de vídeo dixital.

Tes toda a información en www.galiciainnovacion.com