Rede social Tecnoprofes

Despois de meses probando diferentes servizos gratuítos que non convencían a ninguén, o profesorado de tecnoloxía volve á súa rede orixinal en ning: Tecnoprofes http://tecnoprofes.ning.com.

Isto é posible grazas a Microlog, que se ofreceu a patrocinarnos.

Agardamos que sexa un recurso de utilidade para todo o profesorado de tecnoloxía.

·
Noutra orde de cousas, veredes que o deseño de tecnoloxia.org está a mudar. Aínda está en obras, polo que poderedes botar en falta alguns contidos, que agardo que estean dispoñibles en pouco tempo.

Bo curso!


Nova rede do profesorado de tecnoloxía en grou.ps

O verán non é a época máis axeitada para andar por unha rede de traballo e fedellar nela, pero o peche das contas gratuítas de ning este mes obríganos a mudarnos xa a outro sitio.

A nova rede do profesorado de tecnoloxía está en http://grou.ps/tecnoprofes/, así que hai que ir abandonando a anterior que tiñamos en http://tecnoprofes.ning.com/

Probáronse varios sitios, e grou.ps é a que nos ofrece posibilidades máis semellantes ás que tiñamos en ning, aparte de poder migrar case todo o contido que alí tiñamos.

Intentouse tamén que o ITE se fixese cargo do aloxamento da nosa rede, pero queren ter só unha rede educativa global como a de Internet en el Aula, e que todas as redes do profesorado funcionen como subgrupos dela. Xa se verá como o fan cando migren a rede aos seus servidores e se introducen un servizo multirede, pero un subgrupo ten moi poucas posibilidades de comunicación e non é o que buscabamos.

Bueno, pasádevos por http://grou.ps/tecnoprofes/ a fochicar e cando comece o curso a ver se lle damos algo de movemento, pois non é o alumnado o único que ten o labor de aprender. O profesorado podemos e debemos formarnos aprendendo do que fan os compañeiros e compañeiras, e ter un lugar onde compartir e intercambiar é fundamental.


Tecnoprofes: nova rede para o profesorado de tecnoloxía

Por iniciativa de Rafael Fernández de aratecno acábase de abrir en Ning unha rede social para o profesorado de Tecnoloxía en ESO e bacharelato: tecnoprofes.ning.com.

Se es profesor ou profesora de tecnoloxía únete a tecnoprofes. A rede funciona coma un punto de encontro do profesorado, no que podemos compartir información en múltiples formatos, debater, intercambiar, etc.


Visita tecnoprofes