Cámara fotográfica de papel que funciona

Hoxe en día a maioría da xente utiliza cámaras dixitais para sacar fotos, pero se queres volver aos oríxenes da fotografía química podes probar construír unha cámara estenopeica de papel.

camara_papel.jpg

Tes que imprimir un documento en PDF que contén as plantillas e instrucións a seguir e poñerte mans á obra.

Necesitas un carrete de fotos (Canto tempo hai que non mercas un?) e cun pouco de maña tal vez consigas sacar fotografías da calidade das da galería da páxina do proxecto.

(Visto en maestroalberto)

E se cortar, dobrar e pegar papel non é ou teu, podes probar este outro modelo de cámara:

camara_lata2.jpg
camara_lata.jpg

Actualización marzo 2010:

Outras cámaras de papel :


Drawdio: Crea sons debuxando

Podemos debuxar música!
Non é broma. Hoxe atopei un interesante e sinxelo sintetizador musical que utiliza as propiedades condutoras dun lapis de grafito ou doutros materiais. O resultado é un divertido xoguete que che permite crear un instrumento musical en calquera superficie que permita unha pequena condución.

Aquí podes ver un vídeo do trebello en funcionamento:

[youtube: Drawdio: Turn Almost Anything Into a Theremin]

Se queres construír un vai á páxina de drawdio.com. Alí tes outros vídeos, as instrucións, esquemas, …

O circuíto utiliza un 555 en funcionamento astable, encargado de crear os pulsos electricos á frecuencia determinada pola resistencia do grafito ou doutros condutores. Tamén utiliza dous transistores que se encargan da amplificación do sinal.
drawdiosch.png

Anímaste a facer un?


Philip Lowndes Automata

A quen che recorda este boneco?
Un profe cabreado co seu alumnado, o directivo dunha empresa asfixiado coa crise, o político de turno no parlamento, …

Pode ser quen ti queiras, e se queres descargar as instrución para montarte un podes facelo desde a páxina de Philip Lowndes Automata: In my humble opinion. Tes un manual completo con 87 fotografías e ilustracións, e as plantillas a tamaño real. O malo é que non é gratis. Tes que pagar 10 libras.

Hai outros modelos moi logrados, como o desta muller comendo un sandwich, anque algo máis caro.

Hai un moi doado de facer con instrucións descargables: Snapping alligator.

Se non te animas a construír, sempre podes deleitarte coas magníficas creacións mecánicas de Philip Lowndes Automata. Handmade contemporary automata.


Agora que hai sol, cociña solar e fotosaltóns!

Esta última semana de curso aproveitamos para facer uns miniproxectos que non levan moito tempo nin traballo. Trátase dun fotosaltón e dunha cociña solar na que fixemos chocolate.

As ideas saqueinas do obradoiro de Xavier Diz nas IX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas por APETEGA.

Fotosaltón:

Aquí podedes ver un vídeo do funcionamento do fotosaltón, un vibrobot solar que funciona cun pequeno motor vibratorio e unha placa fotovoltaica. Ao poñerse ao sol o fotosaltón comeza a vibrar.


youtube: fotosaltón

Segundo como coloquemos as patas a dirección do movemento é diferente.

Se queredes construír un podedes dercargar aquí as instrucións.

Cociña solar

Onte puxemos ao sol a cociña solar. Quedounos un pouco xusto o tempo para facer un litro de chocolate, e houbo que recoller antes de tempo, polo que só chegamos a 70ºC. Na seguinte ocasión haberá que reservar polo menos 2 horas.·

Aquí tes as instrucións para montar unha.


Vibrobots co mando da PS2

Este é un traballo feito por dous alumnos de Diversificación de 3º de ESO. Aproveitaron os motores con excéntrica dun mando estragado dunha PlayStation2 para facer vibrobots con cepillos.

O mando utilizado foi un que trouxeron para desmontalo e analizar o seu interior.


youtube: Vibrobots coa PS2

Podes ver máis modelos de vibrobots publicados aquí .