Cosima Dannoritzer, autora do documental “Mercar, tirar, mercar” que desvela como a industria se esforza en limitar conscientemente a vida útil dos produtos ao servizo da economía, ten outro interesante traballo: “A traxedia electrónica“, sobre o negocio mundial existente ao redor dos residuos electrónicos, a súa reciclaxe ilegal e o tráfico desde Europa e EEUU ata os vertedoiros de Ghana e China, que destrúe o medio ambiente e pon en risco a vida de milleiros de persoas en África e Asia.
Cada vez que nos desfacemos un produto electrónico cómpre ser consciente da vida que vai ter despois. Que podemos facer para pór remedio a isto?
[youtube: La tragedia electrónica, Documentos TV]
Neste obradoiro esencialmente práctico búscase unha re-apropiación de sons escondidos, daqueles sons conservados nos espazos máis improbables da nosa vida. Neste taller serán transformados materiais naturais e obxectos comúns da vida cotiá, para crear instrumentos que poidan producir universos sonoros únicos e orixinais, sen descartar as posibilidades da electrónica (amplificadores, circuítos sinxelos e micrófonos de contacto) e a electromecánica. (Motores, altofalantes, etc). Por último faremos exercicios de escoita profunda e improvisación. 




