Revista Búsola

busola.jpgAcaba de saír á luz o número 4 da revista Búsola, que edita a Casa da Cultura do Concello de Valadouro (Lugo), unha revista cultural que non se esquece da ciencia e da tecnoloxía como parte dela.

Encargáronme escribir para este número un artigo que falase “sobre a tecnoloxía e a súa situación no ensino, metodoloxia, innovacións para o futuro, retos, fallos, importancia da asignatura no sistema educativo, …” así que alí aportei o meu gran de area na divulgación da tecnoloxía e do que estamos a facer nas aulas.

Se vos interesa podédelo ler a partir da páxina 43 (pdf).


As xornadas de robótica na revista Lerias

Xa está listo o número 17 da revista do noso Insti, Lerias, editada polo Departamento de Normalización Lingüística. Nela publícanse dous artigos sobre o traballo feito no departamento de tecnoloxía.

O primeiro é un artigo no que Diego Cuevas, de 4º de ESO, no que cóntanos como se desenvolveron as Xornadas de Robótica que tiveron lugar os días 27 e 28 de abril, cando recibimos ao alumnado de Velilla de San Antonio (Madrid)

lerias17.jpg

O segundo artigo é sobre a competición Robocampeones 09, pero case é unha copia do que publicara eu neste blogue.