Programa da II Competición de robots da EEI

Este venres 29 iremos á II Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Asignación de tapices

Os tapices asignados aos nosos equipos son os seguintes:

  • Tapiz 4   –   Baioia (4ºESO): Jonathan, Marcos, Chavela, María
  • Tapiz 5   –   Chispis (4ºESO): Raúl, Jennifer, Yago, Adrián
  • Tapiz 8   –   Jägger (1ºBach): Tomás, Rubén, Brais, Alejandro
  • Tapiz 9   –   Uneuntres (1ºBach): Lara, Lucía, Iago, Ismael
  • Tapiz 10 –   Erfundertuxx (1ºBach): Rubén A, Manuel, Brais G, Jorge

PlanoCompeticionRobotsOs equipos deberán inscribirse antes da competición.

  • Os equipos de 4º ESO deberán realizar a inscrición na Aula 1
  • Os equipos de Bacharelato deberán realizar a inscrición na Aula 6

Programa:

10:00–11:00  Inscrición e adestramento categoría WALL-E
11:00–11:30  Primeira proba: Segue liñas
11:30–12:00  Segunda proba: Sumo
12:00–13:00  Finais por categoría
12:30–13:00  Inscrición e adestramento categoría R2D2
13:00–14:00  Competición categoría R2D2
14:00–14:30  Entrega de premios

Ficheiros (pdf):


II Competición de robots da Universidade de Vigo

A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a segunda edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) da Universidade de Vigo.

makeblockCelebrarase nas instalacións da Escola de Enxeñería Industrial (Campus Universitario Lagoas-Marcosende, Vigo) o vindeiro venres 29 de abril de 2016 a partir das 10:30 horas, e será unha proba puntuable para a Liga Nacional de Robótica de Competición (LNRC).

Hai dúas categorías diferentes: WALL-E para alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato e R2D2 para alumnado de Formación Profesional e Universitario.

Na categoría WALL-E cada equipo de entre 3 e 6 alumnos/as deberá inscribirse antes do 31 de xaneiro e aboar a cota de 40€ que inclúe un kit de robótica que será entregado ao centro de ensino e co que poderán preparar a proba de Rastrexo e a de Sumo.

Os kits nesta edición son diferentes aos de BQ que se utilizaron o curso pasado, desbotados pola organización debido aos problemas que deron. Este ano decántanse polos de makeblock. O software de programación visual que usan só funciona con Windows, aínda que, ao estar a placa baseada en Arduino UNO, se pode programar directamente co IDE de arduino ou con calquera contorna de programación gráfica que xere o código, como visualino.

Tedes as bases da competición na seguinte dirección: http://www.eei.uvigo.es/eei_gl/alumnos/robots/.

cabecera_robots.jpg_1854410254

A ver se podemos levar algún grupo de Baiona.


Impresión 3D dunha ponte de aceiro

Cando pensamos nunha impresora 3D o primeiro que nos vén a cabeza é unha máquina en forma de caixa na que se imprimen unha pequenas pezas de plástico, pero esta tecnoloxía está evolucionando tan rapidamente que xa estamos a ver robots imprimindo estruturas de todo tipo, sen limitarse a unha caixa cadrada na que todo sucede.

MX3D_Bridge

Un exemplo de impresión de estruturas xa o vimos hai tempo no artigo “A impresora 3D capaz de imprimir edificios” no que se observa unha impresora botando chorros de formigón para “imprimir” a estrutura dun edificio.

Hoxe imos ver que tamén podemos imprimir aceiro. A empresa MX3D pretende construír unha ponte de aceiro sobre un canal de Amsterdam utilizando robots industriais e aplicando unha novidosa técnica de impresión 3D que abre paso á creación automatizada de estruturas a gran escala.

Nesta animación presentan o seu proxecto:

[youtube: MX3D Bridge Visualisation]

Nestes vídeos podemos ver algunhas das probas realizadas pola empresa para construír unha pequena ponte de aceiro de pequenas dimensións.

[youtube: MX3D printing]

[youtube: MX3D to 3D print a steel bridge in Amsterdam]

 

Máis información en MX3D


Organización da I Competición de Robots da EEI da Universidade de Vigo

Información sobre a organización da I Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, do vindeiro venres 24 de abril:

Circuítos asignados a cada equipo de Baiona:

  • Terpinator (4ºESO) – Tapiz 1
  • Pyrus (4ºESO) – Tapiz 2
  • Heisenberg (4ºESO) – Tapiz 3
  • Theproxy (1ºBach) – Tapiz 8
  • Electrodón (1ºBach) – Tapiz 9
  • Yotta (1ºBach) – Tapiz 10

Programa:

10:30 – 11:30 Inscrición e quecemento

Os equipos disporán dos tapices de competición para poder realizar os últimos axustes.

11:30 – 12:00 Inicio competición. Primeira proba: Segue liñas

Esta proba realizarase en 10 tapices de forma simultánea. Cada equipo competirá no tapiz asignado segundo a categoría.

12:00 – 12:30 Competición. Segunda proba: Persecución

Esta proba realizarase en 10 tapices de forma simultánea. Cada equipo competirá no tapiz asignado segundo a categoría.

12:30 – 13:15 Finais por categoría (2º e 3ºESO, 4ºESO, Bach.)

As finais por categoría en 3 tapices de forma simultánea, un por categoría.

13:15 – 14:00 Competición categoría R2D2

Esta proba realizarase nun único tapiz.

14:00 – 14:30 Entrega de premios

Entregaranse os premios (1º, 2º e 3º clasificado) nas diferentes categorías (2º e 3º ESO, 4º ESO, Bacharelato e R2D2)

Bases da competición:


I Competición de Robots na EEI da Universidade de Vigo

Kit_bq_PrintBot_RenacuajoA Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a I edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) da Universidade de Vigo.

Tedes a información en: http://eei.uvigo.es/eei_gl/escola/concursorobots.html

A ver a cantos equipos podemos levar do IES Primeiro de Marzo. Se queredes participar, poñédevos as pilas!