Cunha fin de semana con bo prognóstico meteorolóxico e unha temperatura da auga da ría de 21ºC cando o habitual é 17ºC vai ser difícil quedar na casa mirando a pantalla do ordenador. Porén, para quen queira, temos dous interesantes eventos que podemos seguir en streaming a partir de mañá.
Freeday4Girls
Mañá pola mañá, de 9:30 a 14:00 h, podemos conectarnos a Freeday4Girls, Xornada de software libre e muller, un evento orientado a visualizar e promover o rol da muller no eido do software libre en Galicia, e no que se amosarán experiencias en diversas disciplinas: creatividade, deseño, xestión, formación, etc.
Podedes consultar o programa completo en http://osl.cixug.es/freeday4girls/ e poderedes conectarvos ao streaming desde a páxina tv.usc.es.
Naukas
Desde as dez da mañá ata as oito da tarde do venres e do sábado podedes conectarvos a Naukas Bilbao 2014, un evento de divulgación científica con múltiples charlas de 10 minutos de duración sobre temas do máis diverso, o que fai que adquira unha dinámica moi amena e fluída.
Alégrome especialmente de que esta edición de Naukas conte con máis mulleres que outros anos, e agardo que se vaia dando cada vez máis visibilidade ao importante traballo das mulleres no eido da ciencia e da tecnoloxía.
Podedes consultar o programa completo en naukas.com e conectarvos ao streaming en eitb.com. O hashtag en twitter é #Naukas14
Boa fin de semana!
Actualización: Podes ver todos os vídeos de naukas2014 en eitb.com
GALPon
Ben, pois no caso dos contidos informáticos a cousa parece que non está tan clara: Hai miles de sitios web que son accesibles só cun navegador, formatos de vídeo que necesitan un reprodutor específico, libros que só se poden ler cun lector concreto, documentos creados nun determinado programa ofimático que só podemos ver co mesmo programa, etc. Non credes que todo sería máis doado se usásemos formatos e estándares abertos?
