Non fai falta alta tecnoloxía para facer instalacións tecnoartísticas. O artista suízo Zimoun utiliza no seu traballo pequenos motores de corrente continua, un compresor de aire e outros elementos para facer as súas esculturas. Tamén dános novas ideas e modelos de vibrobots.
O resultado pódelo ver neste vídeo: Paisaxes sonoras e en movemento do máis orixinal.
Xa escribín varias veces neste blogue sobre a realidade aumentada, que consiste en engadir información virtual á información física existente. En tódolos exemplos o que vemos é a inclusión dunha imaxe virtual no mundo real, podendo interactuar con ela.
Hoxe vin en Alg-a outra experiencia destas, pero no canto de imaxes o que se utiliza é son. Aumented Sound é un proxecto que amplía o son de obxectos. A idea básica é engadir unha capa máis á realidade de son dun obxecto utilizando unha aplicación desenvolta en openframeworks e en supercollider.
Aquí podes ver un vídeo de exemplo de interacción virtual nun espazo físico que ten como consecuencia a produción de son. Na área delimitada por un azulexo engadimos unas bolas virtuais que ao chocar producen distintos tipos de sons nas colisións.
Así que as ondas sonoras (mecánicas) son ondas electromagnéticas!!!
Vaia! Non sei entón cómo podo explicar na ESO o funcionamento dun micrófono, un altofalante, o sensor ultrasónico que usan os robots de Lego cos que traballamos, o Bluetooth, a radio, a telefonía móbil, e un longo etcétera. Tremenda burrada!
En fin, tedes unha crítica moi boa en wisphysics. Recoméndovos a lectura (ou pode que a poña obrigatoria en clase)
Segundo un reciente estudio sobre Percepción social da Ciencia e da Tecnoloxía, a fonte de información que se cita maioritariamente é a televisión (82,3%). Preocúpame ese dato, pois se a fonte principal de información son programas como o de Cuarto Milenio creo que é mellor que a xente non se informe :-(…