Atallos de teclado

Creo que todo o mundo que utiliza un ordenador sabe copiar, cortar e pegar texto e imaxes. Sen embargo non todo o mundo coñece os atallos de teclado que fan que esta tarefa sexa máis rápida e doada.

copiar_cortar_pegar.jpgAquí van algúns:

  • Ctrl+C: Copiar.
  • Ctrl+V: Pegar
  • Ctrl+X: Cortar
  • Ctrl+Z: Desfacer.
  • Ctrl+Y: Refacer.
  • Ctrl+A: Seleccionar todo
  • Ctrl+P: Imprimir.
  • Ctrl+S: Gardar.

Hai moitos máis atallos. Pódelos ver na wikipedia clasificados segundo o sistema operativo utilizado.


Daft Punk e as distribucións de teclado

Coñeces o grupo Daft Punk? Seguro que si.
Aquí tes unha famosa canción deste grupo: “Harder, Better, Faster, Stronger”

iDaft é unha aplicación flash coa que podes tocar esta canción co rato ou co teclado. (Vía opcionweb)

Fíxate que ao inicio da aplicación mándannos elixir o tipo de teclado: AZERTY ou QWERTY
Para saber cal é o noso debes ler as primeiras letras que aparecen na primeira fila. QWERTY, verdade? AZERTY utilízase sobre todo nos países francófonos.

E non son estas dúas únicas distribucións de teclado. No tipo QWERTY podemos atopar diferenzas entre o teclado español e o inglés, que non inclúe o ñ, til, e algúns carácteres máis, e outros atopámolos en diferentes posicións.

Ao utilizar algunhas aplicacións en flash algunhas veces tennos pasado que os carácteres que se amosaban na pantalla non coincidían cos que están indicados nas teclas. Isto é porque a aplicación estaba programada para utilizar o teclado inglés. Cando sucede isto debemos buscar información sobre a posición dos carácteres na configuración inglesa.

Pódelo ver nesta imaxe: (clica nela para vela en grande)
Qwerty

E se temos un portátil que trae por defecto o teclado inglés, debemos cambiar a configuración do teclado no sistema operativo que utilicemos.

O teclado, ese periférico insubstituíbel, merécese un monumento. Mira este megateclado instalado en Ekaterinburg, Rusia. (Visto en woostercollective)

monumentoteclado

Pero deixemos o teclado e poñamos outra canción de Daft Punk: “Technologic”