tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

As máquinas de Kristoffer Myskja

Dando unha volta por designboom.com atopei a Kristoffer Myskja, un artista noruegués que non deixa indiferente a ninguén cos seus orixinais autómatas.

Dádevos unha volta pola súa web, onde podedes ver fotos e vídeos do seu traballo, entre eles unha orixinal máquina de fumar, que supoño que necesitará saltarse a lei antitabaco para ser exposta na sala dun museo. Non vos perdades o vídeo.

cig4.jpg

Ten outras interesantes obras, nas que xoga co son, coa mecánica e coa electrónica.

kristoffermyskja1.jpgkristoffermyskja3.jpg
kristoffermyskja4.jpgkristoffermyskja2.jpg

Scan Toys: Unha mirada ao interior dos xoguetes

Preguntácheste algunha vez que teñen por dentro os xoguetes?
É boa cousa coller un desaparafusador para desmontar os obxectos e miralos por dentro, pero para quen non se atreva a facelo por se non os dá montado de novo existe a opción de miralos con raios X.
Mónica Rojas e Hernán Eliaschev propóñennos unha mirada ao interior dos xoguetes a través do seu traballo Scan Toys.


[Flickr:scantoys]

Instalacións tecnoartísticas en VigoTransforma

Xa queda menos para o VigoTransforma, festival en Vigo que “nace como un espazo de participación, convivencia e interrelación de diversas disciplinas artísticas dentro dun ámbito urbano.”

O venres 9 e sábado 10 de xullo haberá concertos no Peirao dos Transatlánticos, pero destaco aquí as instalacións, performances e obradoiros tecnoartísticos da sección chamada Vasos comunicantes, que se desenvolverá dende o venres 2 ata o sábado 10 de Xullo.

Na Rúa do Príncipe, na Praza da Estación e na Porta do Sol poderemos ver as instalacións “Communication Breakdown” e “Peep Show” de Giles Walker, que crea robots e esculturas cinéticas a partir dos materiais que atopa en despezamentos de toda Europa.


[youtube: Giles Walker’s Homeless Robot Project]


[Peep show by Giles Walker from alg-a on Vimeo.]

Se o que che gusta é crear imaxes, a partir do 5 de xullo na Casa das Artes teremos “Body Paint” de Mehmet Akten. Mediante ferramentas de programación este artista desenvolve instalacións interactivas en gran formato.


[“Body Paint” Installation at “Clicks or Mortar”, March 2009 from Memo Akten on Vimeo.]

Se queredes xerar e manipular son podes asistir o 2 e o 3 de xullo na Praza do Rei a “Augmented Sound” de Berio Molina. Trátase dun sistema que xoga cos límites físicos dun obxecto, as súas características sonoras e a interactividade coa xente.


[Augmented sound lo lab alg-a from berio on Vimeo.]

Seguindo con son, podedes descubrir novos instrumentos como o “Aquófono” de Parto, que estará na Casa das Artes o 7 e o 8 de xullo. Trátase dun xerador de son cuxo funcionamento está baseado en auga e electricidade, un innovador instrumento de percusión con líquidos


[youtube: aquofono]

Isto é só unha pequena selección. Para ver o programa completo de “Vasos Comunicantes” vai á web oficial.

E se aínda non te atreviches a migrar a Linux, no Instituto Camoes vai haber un obradoiro de Olho Livre onde te poden axudar.…

Auga interactiva que non molla

Hai tempo que non amoso nada sobre instalacións tecnoartísticas, así que hoxe vai unha: Waterboard, de Mark Burton

Trátase dunha pantalla interactiva que permite xogar con auga sen mollarse. Cun rotulador ou co propio corpo podemos debuxar o camiño que queremos que sigan os chorros de auga que aparecen pola parte superior da pantalla e obter así efectos interesantes.

Podes velo neste vídeo:


[youtube: The WaterBoard]

Xogando coa perspectiva

Unha das primeiras cousas que se aprenden na materia de tecnoloxía é debuxar en perspectiva. Necesitamos saber representar obxectos e sistemas de forma gráfica, pois é a forma máis eficaz de transmitir a información técnica.

Pero non vos vale só para debuxar os proxectos de tecno. Podedes aproveitar que sabedes obter unha imaxe tridimensional nun plano para xogar coa perspectiva no entorno. Pode ser divertido.

Mirade a obra do artista Aakash Nihalani. Utiliza cintas adhesivas de cores para resaltar contornos inesperados nas cidades.

Aakash-Nihalani.jpg

Aakash-Nihalani-9.jpg

Aakash-Nihalani-3.jpg


[Flikr Slideshow: Aakash Nihalani Photostream]

Anímase alguén a sacarlle perspectiva á porta do taller de tecno?

Aakash-Nihalani4.jpg