A folla de cálculo

scrsh-connect4.jpgA folla de cálculo é un recurso moi útil para a elaboración da memoria dos proxectos desenvolvidos na aula, por exemplo, para a elaboración do orzamento ou para realizar cálculos e gráficas.

Por exemplo, para calcular a relación de transmisión e a velocidade da última roda dentada dun tren de engrenaxes podemos facer en 2º de ESO unha folla de cálculo coma esta: engrenaxes2.ods

Tamén podes ver na web de Luis González outros exemplos de utilización da folla de cálculo na materia de tecnoloxía.

Pero a folla de cálculo non serve unicamente para facer cálculos. Dende o portal Make ofrécennos unhas alternativas:

  • Podemos programar xogos, coma os que podes ver (e probar) en excelgames.org
  • Tamén é posíbel converter Excel nun lector de feeds. Podes ver as instrucións en instructables.
  • AC/DC “Rock N Roll Train” é un vídeo musical en código ASCII do grupo de rock AC/DC que se pode visualizar nunha folla de cálculo de Excel.

A todo isto, AC/DC significa “corrente alterna / corrente continua”. Imos poñer algo de música deles:


Refrixeración de microprocesadores

Cada vez que un transistor cambia de estado, parte da enerxía eléctrica consumida pérdese en forma de enerxía calorífica. Un microprocesador está composto de millóns de transistores, así que emitirá unha gran cantidade de enerxía calorífica durante o seu funcionamento. Ademais, canto maior sexa a frecuencia de procesamento (MHz) máis cambios de estado se producirán por unidade de tempo, polo que será maior o calor irradiado.

A máis de 45ºC os sinais internos dos microprocesadores chegan con ruído, e iso tradúcese en que o sistema “cólgase”, e cambios bruscos de temperatura, como alcanzar máis de 100ºC en décimas de segundo, poden provocar a rotura do cristal de silicio do micorprocesador. Por iso é necesaria a existencia dun sistema de refrixeración que evite que o microprocesador se quente en exceso.

Neste vídeo podes ver que lle sucede a un microprocesador cando traballa sen o sistema de refrixeración:


Nota: O vídeo é vello, os AMD novos xa non se queiman ao momento.

disipador e ventiladorA maioría dos ordenadores constan dun disipador metálico, xeralmente de aluminio, e dun ventilador.

Se o ventilador fai un ruído estrano seguramente o que lle suceda é que estea sucio e atascado. Coida de que  estea limpo, e non está de máis abrir o ordenador cada certo tempo e pasarlle a aspiradora, sen esquecerte de desconectalo previamente.

Existen outros sistemas de refrixeración, como a refrixeración líquida, que consiste no bombeo de auga arredor dun microprocesador. Anque hai quen tamén aproveita este sistema para refrixerar o seu corpo cando vai en coche poñéndose unha camiseta como a da imaxe.

refrixeración líquida camiseta refrixerante

Existen moitos máis sistemas de refrixeración de microprocesadores, anque son menos habituais, como a refrixeración por metal líquido, termoeléctrica, por heatpipes, crioxenia, etc. Podes coñecelos neste artigo de www.chw.net.


Interpretación gráfica do código html

Aquí podes ver a interpretación gráfica da páxina principal deste blogue a día de hoxe:

gráfico

Baséase nas etiquetas usadas no código HTML da web.

  • Bolas azuis = ligazóns (a)
  • Bolas vermellas = táboas (table, tr e td)
  • Bolas verdes = capas (div)
  • Bolas violetas = imaxes (img)
  • Bolas amarelas= formularios (form, input, textarea, option)
  • Bolas laranxas= saltos de línea e citas (br, p, e blockquote)
  • Bolas negras = o nodo raíz (html)
  • Bolas grises= tódalas demais etiquetas (tags)

Introduce aquí a url da túa web para obter a súa interpretación gráfica.

Máis información nesta ligazón

(vía: cuarto derecha)