Imaxínate un mundo sen teléfono móbil, televisión ou internet. Hoxe en día para nós é case impensable, pero os nosos pais e avós viviron a súa infancia sen todo iso.
Que medios de comunicación existían cando o teu pai ou a túa nai tiñan a túa idade? Investiga o mesmo cos teus avós. Failles unha entrevista (Como se comunicaban cos familiares e amigos, como pasaban o tempo, como se informaban das novas, etc.) e amplía a información buscando en internet, resaltando os cambios habidos ata o día de hoxe.
Aquí van algunhas ligazóns útiles para o teu traballo de investigación:
Podes darte un paseo polo Museo Virtual das Telecomunicacións para coñecer o pasado, presente e futuro das telecomunicacións.
Outro sitio útil é o que nos ofrece a Fundación Telefónica. Alí podemos aprender cómo funcionan múltiples trebellos destinados á comunicación e a súa historia mediante animacións, experimentos e actividades diversas.
Na sección de ligazóns podes atopar máis información sobre as tecnoloxías da comunicación.