Se o voso teléfono móbil funciona con android xa podedes ler facilmente este blogue desde calquera sitio.
Tedes dúas opcións: utilizar o QR code da dereita ou descargar a aplicación tecnoloxia.org (apk) e instalala.
(Fíxeno con feed.nu)…
Se o voso teléfono móbil funciona con android xa podedes ler facilmente este blogue desde calquera sitio.
Tedes dúas opcións: utilizar o QR code da dereita ou descargar a aplicación tecnoloxia.org (apk) e instalala.
(Fíxeno con feed.nu)…
Todo o mundo escoitou algunha vez que as ondas que emite o teléfono móbil son malas, que as das antenas de telefonía móbil son horriblemente malas, que a wifi que usamos para conectarnos a Internet é mala, e somos bastante máis benevolentes coas ondas que transmiten os sinais de radio e televisión.
Pero… son realemente malas? que estudios e informes científicos existen ao respecto?
O luns pasado no programa Escépticos de ETB faláronnos deste tema:
[eitb.com: Escépticos (Capítulo 4): ¿Las ondas del mal? ]
Xa tratamos estas cousas hai algún tempo:
·
E se non sabedes que é o Espectro electromagnético, buscade en calquera sitio menos neste:
·
Actualización:
Un pouco máis de información:
Hoxe recórdanos microsiervos unha famosa frase de Henry Ford: “O verdadeiro progreso é o que pon a tecnoloxía ao alcance de tódalas persoas“.
Non tódalas persoas temos as mesmas capacidades físicas, intelectuais, económicas, etc. O mundo é diverso, e a tecnoloxía destinada ao uso das persoas ten que telo en conta para que os produtos cheguen a toda a sociedade.
Un exemplo témolo nos teléfonos móbiles. A xente máis nova demanda que o seu móbil teña o máximo de funcionalidades posíbeis ou que sexa pequeno para poder levalo no peto. Sen embargo iso é algo que non vale para todo o mundo. Pensade nas persoas maiores, que dificilmente se desenvolven cun teléfono dos que tedes vós. Como a tecnoloxía ten que chegar tamén a ese sector da poboación, o deseño de móbiles ten que ter en conta o que demandan.
En edheads.org propóñenos unha actividade na que tedes que deseñar un teléfono móbil especialmente indicado para persoas da terceira idade, probar a súa aceptación e logo comercializalo.
Terás que ter en conta que o que as persoas maiores necesitan é:
Podes acceder directamente á actividade dende aquí.
Terás que poñer a proba o teu nivel de inglés.
A ver que tal resulta o teu deseño. Sorte!
(visto en tecnoTIC)…
Aquí temos outro modelo de vibrobot fácil de montar aproveitando un vello teléfono móbil que non funciona.
A carcasa do móbil fai de caparazón do “insecto”, que se moverá grazas ao vibrador que atopamos no interior.
A pila de botón pódese suxeitar utilizando unha pinza da roupa, e utilízanse uns cables ríxidos para formar as patas e as antenas.
Se queres podes engadirlle un interruptor, que non está de máis.
Tes a explicación en vibroroach.(Vía: Make)
Remexe por casa, pois seguro que tes algún móbil estragado co que podes construír o teu insecto.
Tamén podes construír outros modelos de vibrobots.…
Na revista Muy Interesante acaban de publicar unha infografía na que se mostra a composición dos teléfonos móbiles.
Cristal líquido, polímeros, coltán, magnesio, fibra de vidro, silicio, metais preciosos, cerámica, … Cres que os móbiles débense tirar ao cubo do lixo cando se estragan?…