Unha das posibilidades da impresión 3D é o deseño téxtil utilizando unha tea como soporte da impresión. Neste vídeo podes ver uns exemplos de escamas de dragón:
O procedemento é fácil. Utilízase un modelo 3D teselado, de xeito que as diferentes pezas podan moverse libremente. Imprímense dúas capas sobre a base da impresora, pausamos a impresión, colocamos enriba a tea ben suxeita á base mediante unha pinzas e continuamos imprimindo.
Usei a tea que tiña máis a man, que e é bastante fea, por certo. O importante é que sexa fina e estea tecida con folgura para que peguen as capas de filamento que están a un lado e outro da tea. Se utilizamos unha gasa transparente a creación pódese coser sobre outro tecido sen que se note demasiado.
Aquí deixo esta posibilidade de traballo para quen queira facer proxectos téxtiles.…
Non debe ser nada fácil levar posto un traxe espacial. Os astronautas necesitan unhas 1000 horas de adestramento para aprender a moverse alí metidos, pero non lles queda outra que aprender se queren saír ao espazo.
Este vídeo está realizado con imaxes da NASA das probas de mobilidade de varios prototipos de traxes espaciais. Pareceranvos movementos absurdos, pero a ver se seriades vós capaces de bailar cun traxe de 130 kg enriba:
O traxe proporciona protección ante meteoritos e po estelar, fai circular o osíxeno e extrae o dióxido de carbono, mantén unha temperatura constante (a capa externa do traxe espacial pode soportar temperaturas de ata 121°C ao sol e de –157°C na escuridade), mantén no interior unha presión constante, protexe ante as radiacións solares ionizantes e permite a comunicación co exterior, entre outras cousas.
Como fan posible toda esa protección? De que materiais está feito un traxe espacial? Cales son as súas propiedades? Podes saber máis sobre como están feitos os traxes espaciais en cienciapopular.com
E que non vos enganen cando vos digan que os traxes espaciais usados no Apolo 11 foron inventados por tal señor ou tal outro. Eses traxes non terían ningún éxito se non fose por unhas costureiras de Delaware (EEUU), que grazas ao seu íntimo coñecemento do corpo humano e as súas habilidades para traballar con materiais sintéticos melloraron os duros traxes espaciais deseñados por militares e enxeñeiros da NASA.
Ás veces penso que faría falta someter a probas de mobilidade a algunhas prendas de roupa e zapatos que venden nos comercios. Moitas non superarían o test.
Despois das vacacións de Nadal é habitual ver tenis novos nos pés da rapazada do insti. Semella ser un dos regalos máis pedidos.
Se queres darlle un toque persoal non chega con levar un modelo orixinal. Proba atar os cordóns de distinto xeito. En cuartoderecha.com atopei unha chea de maneiras de atar os cordóns. Comeza con estas 14:
Se queres ver as instrucións máis detalladas vai a buburuza.net.
Outro sistema moi común de peche para os tenis é o velcro.
Foi inventado por George de Mestral en 1955 e conta nun lado cuns ganchos máis ou menos deformables que se agarran a unha tira de fibras enmarañadas.
Aquí podes ver unha imaxe microscópica:
Pero a cousa non se queda aí. Enxeñeiros alemáns do Instituto de Fundición e Mecanizado de metais na Universidade Técnica de Munich deseñaron un “velcro” de aceiro capaz de soportar cargas de ata 35 toneladas por metro cadrado a temperaturas de ata 800 graos. Chámase Metaklett.
Por suposto que non vale para amarrar as zapatillas. As aplicacións deste tipo de unión son industriais: suxeición de grandes cargas, ensamblado, constución, etc.…
Eu quédome coas fotografías microscópicas. Ãbrennos os ollos a un mundo completamente descoñecido, pero non por iso menos real co macroscópico. Non e vano a nanotecnoloxía está a empezar a cambiar o noso entorno artificial, anque non nos deamos de conta, e máis o fará nos vindeiros anos.
Nano-metrópoli
A imaxe superior presenta nanoestruturas dun óxido metálico obtido en laboratorio que evocan o perfil dunha metrópoli, ofrecendo unha conexión visual entre o seu mundo submicrométrico e as nosas dimensións humanas, onde serán integradas.
A rede dos desexos (Media térmica)
Un textil termorregulador é un tecido que é capaz de reaccionar de distinto xeito en función das condicións térmicas do medio externo que o rodea. Se o medio externo é de elevada temperatura, esta clase de tecidos provocará unha sensación de frescor sobre o individuo, e viceversa. Este particular comportamento conséguese grazas á incorporación de microcápsulas que conteñen no seu interior un material de cambio de fase ou tamén chamado PCM “Phase Change Materialâ€.
Podes ver o resto de fotografías en Fotciencia08.…