tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Tradutores

tradutorHoxe recibín unha mensaxe dun profesor de tecnoloxía que vive en Granada. Dicíame que lle gustaba moito a web, pero que ó estar en galego non podía utilizala cos seus alumnos.

Eu anímolle a toda a xente que non sexa galega que probe a lectura, pois creo que non é tan difícil de entender. Eu moitas veces levo ós meus alumnos e alumnas a páxinas escritas noutros idiomas. Non é o mesmo que se estivesen en galego, pero valen perfectamente, especialmente se se trata de páxinas con contidos interactivos, pois soen ser bastante intuitivas.

O idioma non pode ser unha barreira, e hai moitos tradutores automáticos en Internet que as eliminan:

Para as linguas do estado está moi ben opentrad. Permíteche a tradución de textos en lingua galega, catalana e castelá. Ten a utilidade de poder navegar por unha web con traducións. Por exemplo, podedes navegar por tecnoloxia.org en lingua castelá.

Outra utilidade interesante é traducíndote, do IES Chan do Monte (Pontevedra), que é un tradutor de documentos de OpenOffice Writer.

Para moitos máis idiomas está google translate.

Eu a verdade é que boto de menos máis material en galego na rede, non vos pasa?.

wikipediaUnha actividade interesante para traballar co alumnado é participar na galipedia publicando artigos de tecnoloxía en galego. Ademais de entender o que é un wiki e aprender a utilizalo, aprenden tecnoloxía ó elaborar artigos desta temática, e contribúen a mellorar a presenza do galego en internet. 3 en 1.…