Vibrobot cun teléfono móbil

Aquí temos outro modelo de vibrobot fácil de montar aproveitando un vello teléfono móbil que non funciona.

vibrobot vibrobot

A carcasa do móbil fai de caparazón do “insecto”, que se moverá grazas ao vibrador que atopamos no interior.
A pila de botón pódese suxeitar utilizando unha pinza da roupa, e utilízanse uns cables ríxidos para formar as patas e as antenas.
Se queres podes engadirlle un interruptor, que non está de máis.

Tes a explicación en vibroroach.(Vía: Make)

Remexe por casa, pois seguro que tes algún móbil estragado co que podes construír o teu insecto.

Tamén podes construír outros modelos de vibrobots.


Robim: Minibot USB

Acabo de atopar en youtube este simpático minibot. Aliméntase por USB, anque tamén se poderían utilizar pilas ou conectalo a unha fonte de alimentación.

Aquí están as instrucións:

Fixádevos no vídeo:
1. Hai compoñentes electrónicos cuxa función neste minibot é unicamente decorativa. Cales son?
2. Cal sería o esquema electrónico do circuíto?
3. Qué tensión temos ao conectar o cable USB? Por que usamos só os cables vermello e negro do cable USB?


Insecto luminoso

Este é un divertido insecto cuxos ollos emiten unha luz que parpadea cando sopra o vento:

Trátase dun circuíto cunha pila de botón e dous LEDs. Unhas longas antenas móvense co aire e, cando tocan nos “cornos” do insecto, péchase o circuíto e acéndense os LEDs.
O circuíto é moi sinxelo. O que máis traballo pode levar é o axuste axeitado das antenas para conseguir o efecto intermitente.

En Make podes ver as instrucións para montalo
insecto.jpg
MKKM1-2.jpg


Vibrobot: Bug Bot

Este sinxelo vibrobot ponse en marcha cando detecta luz e para na escuridade grazas a unhas LDRs e un amplificador de audio LM386. Podes ver as instrucións en popsci.com.

(Pode ser que este vídeo non se vexa dende un lector de feeds)

Está baseado nun dos robots que podemos atopar no libro “Junkbots, Bugbots, and Bots on Wheels“, e cuxa web de asistencia é junkbots.solarbotics.com. Alí podes atopar outros modelos.