Drawbot. Robots pintores.

Continuando cos sinxelos robotiños vibradores, como o Toothbrush Bot ou os vibrobots, hoxe, vía coin-operated.com, atopei un vídeo con novos modelos feitos con material de refugallo e unhas pinturas ou rotuladores.

A vibración dos robots fai que se movan creando orixinais composicións artísticas.

Drawbotdeseñodogbotgrupo

Paréceme un interesante e divertido proxecto para o primeiro curso da ESO ou para educación primaria. Ademáis de aprender o circuíto eléctrico, practícase o deseño de obxectos.


Vibrobots pintando

Hai uns meses falei do Toothbrush Bot, sinxelo robotiño feito cun cepillo de dentes, un motor con excéntrica sacada dun vello teléfono móbil e unha pila de botón. Hoxe atopei unha versión que utiliza dous cepillos, o que mellora a estabilidade. Neste vídeo podes ver como estes vibrobots poden facer unha interesante obra de arte para decorar o taller de tecno.


Chris Cerrito’s Vibrobots on Paint on Vimeo.


Robot-cepillo

Toothbrush Bot é un simpático robot-cepillo que podes fabricar con materiais de refugallo: o motor dun móbil (un motorciño cunha excéntrica no eixe que se utiliza para o vibrador), unha pila de botón, un interruptor pequeno (recíclao dun xoguete vello) e un cepillo de dentes ó que lle tes que cortar o mango.

robot-cepillo

Solda os compoñentes formando un circuíto simple e pégaos ó cepillo utilizando cola termofusible. Obterás un simpático vibrobot que se move pola mesa.

Aquí tes un vídeo do funcionamento:

Fonte: evilmadscientist