Precioso vídeo feito cun rotulador de tinta condutora de AgIC.
Interesante e con moitas posibilidades tecnoartísticas, este rotulador paréceme un recurso moi bo para proxectos nos que non queiramos ter cables polo medio.
Precioso vídeo feito cun rotulador de tinta condutora de AgIC.
Interesante e con moitas posibilidades tecnoartísticas, este rotulador paréceme un recurso moi bo para proxectos nos que non queiramos ter cables polo medio.
Ciencia Clip é un concurso de vídeos divulgativos de ciencia e tecnoloxía deseñados, producidos e protagonizados por estudantes de ESO, Bacharelato e dos ciclos básico e medio de Formación Profesional. O obxectivo do concurso é fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía, e ofrecer aos concursantes unha oportunidade para exercitar a súa creatividade e habilidades comunicativas usando ferramentas que proporciona internet.
Poderase participar de dúas maneiras, a nivel individual ou en equipo de 3 membros como máximo. Hai que gravar e editar un vídeo divulgativo que dure entre 3 e 5 minutos, subilo a YouTube ou Vimeo e inscribirse enchendo un formulario antes do 17 de abril. Pódese gravar en calquera das linguas oficiais do estado español ou en inglés, así que animádevos a facelo en galego.
Cales son os premios? Ademais da viaxe e estancia de hotel para asistir á sesión do sábado de Naukas Bilbao 2016, na categoría individual podedes gañar un kit completo para a construción e manexo dun Robot-dron Erle Spider, e se recibides o premio especial do xurado podedes gañar unha visita ao CERN, en Xenebra. Non está nada mal!
Aquí tendes o vídeo de presentación do concurso:
[youtube:¡Participa en Ciencia Clip!]
Ciencia Clip é unha iniciativa da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU, patrocinada pola Deputación Foral de Bizkaia e na que colaboran o grupo Big Van e a plataforma de divulgación científica Naukas.
Tedes toda a información na web de Ciencia Clip.
A Game Boy non serve só para xogar, tamén pódese facer música con ela, como podes ver neste vídeo de Sebastián Bender: (Visto en Ilustrae)
[youtube: GAME BOY MUSIC (but not the kind you’re thinking of)]
Hai tempo vimos tamén como se pode facer música co son das ferramentas
A idea é crear música a partir dos sons atopados no entorno. Xa non fan falta instrumentos musicais!
Pode servir de idea de proxecto para facer, por exemplo, cando se traballa a edición de vídeo na materia de informática, e mellor se podemos contar co asesoramento do profesorado de música.
Alguén se anima a facer unha composición propia?
O programa “A noite temática” emitiu recentemente dous interesantes documentais relacionados coas centrais nucleares:
O pesadelo dos residuos nucleares
O documental presenta os resultados dunha investigación sobre a xestión de residuos nucleares en EE.UU., Rusia, Alemaña e Francia, e saca á luz o segredo e descontrol que rodea o tratamento destes residuos. (1h 33 min)
[youtube: lista de reprodución La pesadilla de los residuos nucleares]
A batalla de Chernóbil
O 26 de abril de 1986 unha proba de seguridade na central nuclear de Chernóbil provocou a maior catástrofe nuclear da historia.(1h 17 min)
[youtube: lista de reprodución La batalla de Chernóbil]
Actualización 16 de maio de 2011:
Outro documental sobre residuos nucleares que paga a pena ver: Into Eternity
[youtube: lista de reprodución Into Eternity]
Se dígovos que pensedes no son das máquinas e das ferramentas seguro que vénvos á cabeza algo molesto e estrondoso, mais non ten por que ser así.
Escoita esta música. Está feita completamente cos sons producidos ao manipular ferramentas e máquinas.
[youtube: Craftsman Music Experiment]
(Visto en Sorprendible)
@chiulongina pásame a través do twitter outro vídeo de música feita co son das ferramentas, desta banda vai sobre deforestación:
[youtube: Cold Cut-Timber]