Queredes saber como se fan os videoxogos?
Os alumnos e alumnas de Tecnoloxía de 4ºESO e Bacharelato estades de sorte. Gradiant (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia) organiza unha xornada sobre creación de videoxogos en Galicia destinada a estudantes de Educación Secundaria.
A historia do videoxogo en Galicia será explicada por un experto de Continental Games, que tamén nos explicará como producen os seus videoxogos, incluídos os que están a facer para Wii.
Falarase ademais da biometría aplicada ós videoxogos. Un experto de Gradiant ocuparase deste tema e ensinará en que consiste a inmersión en escenas 3D, a detección e seguemento de caras, a realidade aumentada e outras demostracións prácticas.

A xornada desenvolverase o día 16 a partir das 11 da mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación, no CUVI.
Máis información en Gradiant
Teño que recoñecer que non estou nada posta nos xogos cos que andan agora os meus alumnos e alumnas da ESO, pero cando tiña a súa idade andaba intercambiando cintas de casete con xogos para o commodore 64, por non falar da fardada que era chegar ao cole coa “maquinita” do
O xornal “
Das imaxes que vin na galería, eu quédome co “Pong”. Considérase que foi o primeiro videoxogo, polo menos o primeiro que se fixo popular, disto xa hai uns 30 anos. Este trebello electrónico conectábase á tele, que daquela era en branco e negro, e mediante uns cursores debías controlar as raquetas para evitar que pasara a bola. Lembro que se podía seleccionar “con ángulo” ou “sen ángulo”. En fin, toda una reliquia do pasado.