Ao profesorado que anda a buscar exercicios para facer vistas pode serlle útil este xerador de exercicios de educacionplastica.net
O primeiro que hai que facer é crear a figura engadindo cubos sen superar o límite de 4x4x4. Unha vez creada a figura, a aplicación dáche a ligazón a unha páxina na que se poderán debuxar as vistas da peza creada. O resultado pode descargarse en formato png ou envialo por correo electrónico.

Grazas a Fernando Ortiz por compartir este recurso




Hai a quen lle custa iso de ver imaxes tridimensionais nun plano, por non falar do alzado, a planta e o perfil, pero hai un xeito de aprendelo moi entretido: xogar ó