Jet pack

A que molaría unha viaxe polo aire nun trebello destes?

[youtube: Man Soars in the Air with the Help of a Jetpack]

O que habería que mellorarlle é a autonomía, pois o jet pack pode voar durante un máximo de 26 segundos, o cal resulta algo decepcionante.

Está alimentado con peróxido de hidróxeno (auga osixenada) e gas nitróxeno, que reaccionan en presenza dun catalizador producindo un chorro de vapor comprimido que proporciona o empuxe necesario para elevarse e desprazarse.

Máis información: jetpackinternational.com  (Visto en: interestingengineering.com)

E, máis ou menos relacionado, podemos lembrar un artigo de hai tempo: Propulsión a chorro (de auga) onde se ve como  uns bombeiros levantan un coche con chorros de auga.


Viaxe en gravidade cero con Dinahosting

Vótame para a viaxe Gravidade Cero de dinahosting

Con motivo do décimo aniversario de Dinahosting, servizo de hosting no que está este blogue e que ademais conta co seu patrocinio, organízase un sorteo dunha viaxe en gravidade cero para dúas persoas.

Ten unha pinta estupenda: 4 días en Moscova con visitas ao Centro de Adestramento de Cosmonautas, ao Museo Yuri Gagarin e un voo Gravidade Cero nun IL-76 MDK.

Por cada comentario que reciba neste post obterei 10 participacións e terei máis posibilidades de gañar, así que se andas por aquí non teñas preguiza e deixa un comentario.

En que consiste un voo en gravidade cero?

En realidade a gravidade segue existindo, non é nula. O que se fai é simular unha caída libre experimentando unha sensación de ingravidez. Para iso un avión preparado especialmente para a experiencia realiza un voo parabólico, de xeito que durante uns segundos déixase de sentir a forza da gravidade, xa que é compensada.

Parabolic_flight.png

Neste vídeo podes ver a experiencia


[youtube: Zero Gravity]

Encantaríame ir!

Veña, deixade un comentario e votade no banner da dereita para axudarme a ter máis posibilidades.