Un polbo está na area da praia de Rodas e vai quedar seco. Axúdao a meterse na auga acertando todos os valores das saídas das portas lóxicas que ves en pantalla. Tes un límite de tempo de 30 segundos. Se fallas, morrerá!
Este pequeno xogo está feito utilizando Scratch, interesantísima plataforma de programación coa que se poden crear facilmente xogos, animacións, historias ou simulacións.
No vindeiro Congreso de Software Libre para Educación (1 e 2 de xullo) presentaremos unha web con material en galego para aprender a programar en Scratch. Proximamente teredes máis noticias.

O xenga é un xogo moi interesante para estudar o equilibrio e estabilidade das estruturas. Consiste nun conxunto de bloques de madeira que se colocan de forma cruzada por niveis de tres bloques xuntos ata formar unha torre de certa altura. Cada xogador ou xogadora deberá retirar un bloque de calquera dos niveis inferiores e colocalo na parte superior da torre, facendo medrar o seu tamaño. Gaña quen realizou a xogada anterior á que fixo que a torre se derrubase.

Para que vos entreteñades un pouco debuxando en perspectiva isométrica tedes estas aplicacións:
