Tarxetas mecánicas

Chega o Nadal e, anque hoxe en día lévase máis enviar un SMS para desexar un estupendo aninovo, non está de máis utilizar o método postal tradicional para enviar unha tarxeta, anque propoño que non sexa mercada, senón de fabricación propia e … con movemento!

En thingiverse podemos atopar interesantes modelos mecánicos que podemos aproveitar para deseñar as nosas tarxetas de felicitación.

Tarxeta de engrenaxes rectas:
Ao mover a roda dentada de fóra vai aparecendo unha mensaxe. (Instrucións. Plantilla-zip)

tarxeta1.jpg

Tarxeta de engrenaxes planetarias:
Conséguese unha orixinal tarxeta mecánica. (Instrucións. Plantilla-zip)

tarxeta2.jpg

Tarxeta con engrenaxes cadradas:
Aproveita este modelo para fabricar unha tarxeta mecánica. (Instrucións. Plantilla-zip)
tarxeta3.png

Aquí tes un vídeo no que se poden observar en movemento:

[Things – Adam Mayer Digitally Designed Geared Business Cards
from Bre Pettis on Vimeo.]


2 comentarios en “Tarxetas mecánicas”

  1. Pois cando pensei en escribir a entrada o que busquei foron pop-ups, pero atopeime con estas tarxetas de engrenaxes e parecéronme máis orixinais.
    Eu creo que son perfectamente axeitadas para estas datas facendo certos cambios no deseño. Decóranse con purpurina brillante e xa lle damos o toque hortera das festas ;-)

    Bueno, aquí vai un vídeo de pop-ups que me gusta moito:

    Responder

Deixa un comentario