Os modelos de vibrobots que teño amosado aquí utilizan un motor cunha excéntrica no eixe, de xeito que ao xirar cambia a posición do centro de masas provocando un movemento vibratorio.
Pódense utilizar motores vibratorios comerciais ou reciclados de aparellos electrónicos, ou simplemente suxeitando ou soldando unha peza metálica nun lado do eixe.
Hoxe atopeime con outro modelo de excéntrica que se fai suxeitando un tubo de plástico flexible no eixe dun motor eléctrico. Paréceme boa idea, pois non sempre é doado conseguir motores vibratorios.
Bótalle unha ollada a este vídeo. Parece que os vibrobots están movendo o rabo!
youtube: Art/Battle/Sport
Se ao final do tubo poñemos tinta, un pincel, un lapis, etc. conseguimos que este equipo de robots pouco intelixentes sexa capaz de crear unha “obra de arte”. Neste vídeo pódelos ver en acción:
youtube: BotBox
(Visto en Jen Lewis)