Chega a hora de encher o estoxo para que non falte de nada nas clases. Hoxe en día non debes esquecer o PenDrive, pero como necesitamos facer bosquexos a man non pode faltar o clásico lapis, mais… que lapis mercar?
Se te fixas os lapis teñen unha letra e un número que os caracterizan.
Os lapis son barriñas de grafito mesturado con arxila en diferentes proporcións, cunha cuberta de madeira. Dependendo da proporción da mestura o trazo é diferente.
H significa duro (hard), e canto maior sexa o número que ten ó lado máis dura será a mina. Non emborrona, pero pode raiar o papel se apretas moito. Utilízase para deliñación.
B significa brando, ou máis ben vén de negro (black), e canto maior sexa o número que o acompaña máis brando é. Úsase en debuxo artístico.
Para bosquexos e esbozos o mellor é utilizar un lapis intermedio, B ou HB.
Como se fabrican os lapis?
A partir dun bloque de madeira normalmente de cedro obtéñense finas táboas nas que se gravan uns surcos.
Neses suscos colócanse as minas de grafito, e logo cólase outra táboa enriba.
Unha máquina encárgase de separar os distintos lapis da táboa.
Por útimo o que se fai é pintar, vernizar e afiar os lapis.
Aquí temos un documental no que se explica o proceso de fabricación:
[youtube: El Lápiz]
E aquí outro máis sinxelo:
[tudiscovery: Lápices]
Magnífica entrada! Con una pequeña traducción al euskara, perfecta para usarla con mis alumnos de primero.
Agur!
Pois nada, a usala, que para iso está.
Lapitza gogora ala biguna?
Jajaja!! Oso ondo María!
Hola María, eu co teu permiso poñerei un enlace dentro da Aula Virtual do Instituto a esta páxina, para que os rapaces de 2º poidan acceder fácilmente a ela.
Grazas polas túas contribucions
Encantada, Reyes, de que serva tamén para os teus alumnos e alumnas