Xa queda menos para o VigoTransforma, festival en Vigo que “nace como un espazo de participación, convivencia e interrelación de diversas disciplinas artísticas dentro dun ámbito urbano.”
O venres 9 e sábado 10 de xullo haberá concertos no Peirao dos Transatlánticos, pero destaco aquí as instalacións, performances e obradoiros tecnoartísticos da sección chamada Vasos comunicantes, que se desenvolverá dende o venres 2 ata o sábado 10 de Xullo.
Na Rúa do Príncipe, na Praza da Estación e na Porta do Sol poderemos ver as instalacións “Communication Breakdown” e “Peep Show” de Giles Walker, que crea robots e esculturas cinéticas a partir dos materiais que atopa en despezamentos de toda Europa.
[youtube: Giles Walker’s Homeless Robot Project]
[Peep show by Giles Walker from alg-a on Vimeo.]
Se o que che gusta é crear imaxes, a partir do 5 de xullo na Casa das Artes teremos “Body Paint” de Mehmet Akten. Mediante ferramentas de programación este artista desenvolve instalacións interactivas en gran formato.
[“Body Paint” Installation at “Clicks or Mortar”, March 2009 from Memo Akten on Vimeo.]
Se queredes xerar e manipular son podes asistir o 2 e o 3 de xullo na Praza do Rei a “Augmented Sound” de Berio Molina. Trátase dun sistema que xoga cos límites físicos dun obxecto, as súas características sonoras e a interactividade coa xente.
[Augmented sound lo lab alg-a from berio on Vimeo.]
Seguindo con son, podedes descubrir novos instrumentos como o “Aquófono” de Parto, que estará na Casa das Artes o 7 e o 8 de xullo. Trátase dun xerador de son cuxo funcionamento está baseado en auga e electricidade, un innovador instrumento de percusión con líquidos
[youtube: aquofono]
Isto é só unha pequena selección. Para ver o programa completo de “Vasos Comunicantes” vai á web oficial.
E se aínda non te atreviches a migrar a Linux, no Instituto Camoes vai haber un obradoiro de Olho Livre onde te poden axudar.
Que marabilla… algúns deses aparatos teño que velos en persoa…. a ver se un día destos pola tarde pásome pola casa das artes, que non sei nin por onde está ^__^
Na propia web de VigoTransforma tes un plano. A casa das Artes está moi céntrica, en Policarpo Sanz. É o segundo cadrado que se ve no mapa.