tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

V Mostra de proxectos. Tecnoloxía na Rúa.

Vmostradeproxectos.pngA Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, organiza a súa quinta mostra de proxectos “Tecnoloxía na Rúa“, na que se amosarán os prototipos desenvolvidos polo alumnado de tecnoloxía de diversos institutos de Galicia.

Será o vindeiro venres 12 de xuño de 2009 de 17:00 a 19:30 na Praza do Toural, en Santiago de Compostela.

Para o profesorado de tecnoloxía:

Animádevos a asistir e levar os traballos dos vosos alumnos e alumnas. Sen a vosa colaboración a mostra non é posíbel. Tedes que inscribirvos na web de apetega e alí tedes toda a información sobre a organización do evento.

Para o alumnado de Baiona:

Levarei unha selección dos mellores proxectos que estean rematados nesa data. Se queredes asistir debedes convencer aos vosos pais e nais para que vos leven a dar unha volta por Santiago ese día.

Ademais, este xoves día 4 de xuño veñen visitarnos ao insti os nenos e nenas que cursan 6º de primaria, e no departamento de tecnoloxía queremos facer unha exposicón cos vosos traballos. A mostra será no Taller II. Tedes que poñervos as pilas e intentar deixalos funcionando para ese día.

Aquí tes uns vídeos coas mostras de proxectos de edicións anteriores:

Toda a información na web de APETEGA


3 Comments

  1. Pingback: chuza.org

  2. A ver se me coincide ben e podo ir, que estas cousas sempre son interesantes.

    Ainda que o día da ciencia na rúa de Coruña dura oito horas, e case que se fan poucas… este de dúas horas e media paréceme moi escaso…

    A ver cando se fai un destes en Vigo, coma o da Coruña…. ainda que por aquí non temos museos científicos….

  3. Pois xa nos veremos alí.
    Pero non se pode comparar esta mostra coa do Día da Ciencia de Coruña, que ten un importante apoio institucional. Tecnoloxía na rúa non é máis ca unha iniciativa do profesorado de tecnoloxía para mostrar os traballos do alumnado e dar a coñecer o que se fai nas aulas, organizado por APETEGA e co apoio do IES Rosalía de Castro. Moitos cartos non hai invertidos.
    A min tamén gustaríame que se fixesen mostras deste tipo en Vigo, Ourense, Lugo, … e achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. O FECIT gasta ao ano unha pasta en divulgación científica e tecnolóxica, pero ¿chega á xente?

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.