Para estas semanas de suspensión das clases propoño unha serie de tarefas a realizar. Cada curso ten as instrucións na páxina correspondente:
Xeral
un pouco de todo
Premio “Desafíos STEM”
Moitos parabéns ao alumnado de Tecnoloxía Industrial de bacharelato que no pasado curso 2018-2019 traballou no proxecto mClon deseñando pezas para imprimir, conectando e programando novos sensores e actuantes e axudando na documentación co IDE de Arduino. Acadamos o premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” na categoría de afondamento “Desafío robots”. (Ver resolución en pdf)
Parabéns a Luis Corbacho, Javier Español, Ana Fernández, Samuel Ferreira, Javier Giráldez, Borja Rial e Martín Aballe. Un premio ben merecido polo magnífico traballo que fixeron.
mClon
Bernardo, Miguel e unha servidora, co apoio de A Industriosa, vimos de presentar mClon, un robotiño de baixo custo que podedes montar, tunear e programar a gusto. Tendes toda a información na web do proxecto. Esperamos que vos sexa de utilidade e lle saquedes proveito.
Se queredes velo funcionando, estaremos na OSHWDem o 10 de novembro, na Coruña. Tamén faremos algúns obradoiros para montalo na Coruña e en Vigo. Xa informaremos.
E, como non podería se doutro xeito, montaremos uns cantos no IES este curso. mClon contra mBot, cal funcionará mellor?