A revista Cuadernos de pedagogía (Nº 382, setembro de 2008) amósanos un interesante proxecto de tecnoloxía realizado no IES Malilla, de Valencia.
Un equipo de estudantes de ESO construíron un coche co que participaron durante dúas edicións consecutivas na proba de coches de baixo consumo Shell Eco-marathon á que acoden cada ano centos de estudantes de enxeñería e formación profesional de tódolos continentes. Trátase dunha carreira de coches na que gaña o vehículo que sexa capaz de facer máis kilómetros cun litro de combustible.
O deseño e construción de “mandarineta”, prototipo co que se presentou o instituto de Malilla, serviron para despregar, cun humilde orzamento, un ambicioso proxecto educativo no que se integran gran parte dos contidos do currículo de tecnoloxía da ESO.
Felicidades ao profesorado e ao alumnado do IES Malilla por este interesante proxecto.
Podes ler o artigo completo na web de cuadernos de pegagogía (pdf)