Acabo de descubrir o traballo “Esquemáticos” da artista mexicana Amor Muñoz.
A instalación consiste nunha serie de diagramas de circuítos electrónicos analóxicos bordados a man sobre teas de gran tamaño (300 x 150 cm). As pezas inclúen os compoñentes electrónicos reais, que están interconectados entre si mediante fío condutor pola parte posterior, de maneira que os circuítos son completamente funcionais e poden ser operados polo público.
[Esquemáticos from Amor Munoz on Vimeo.]
Estes son os circuítos da instalación:
- Un alcolímetro mide o nivel de alcol no alento do participante. Se o nivel é baixo apenas acenderanse uns LEDs, pero se é alto soará a sirena dunha ambulancia. Para iso utiliza unha serie de amplificadores operacionais que actúan como comparadores. Para axudar ao público a probar o circuíto proporciónaselles un grolo de tequila.
- Un sensor de audio conectado a un relé fai que funcione e se apague un vello tocadiscos.
- Un circuíto integrado 555 crea oscilacións de son en resposta aos debuxos que realiza a xente cun lapis de grafito. Está baseado no xa coñecido por nós Drawdio.
- Un órgano electrónico conta con 8 pulsadores que corresponden á escala musical.
- Un sensor de frecuencia cardíaca que activa un LED e un altofalante seguindo o ritmo do pulso da participante.
Gústame moito a idea para levar a cabo no instituto aproveitando que en 4º de ESO hai un bloque de contidos adicado á electrónica. Habería que buscar unha parede axeitada para realizar unha instalación. Xa veremos para o curso que vén.
En palabras da artista:
“O debuxo comunmente é entendido como un medio de representación gráfica bidimensional que ten como fin a transmisión de información, mensaxes, ideas, etc. Neste caso interésame abordar ao debuxo como un sistema expansible e funcional. Por tal motivo encontro un interese particular no debuxo electrónico, pola súa calidade técnica e por ser unha estrutura universal de representación e significacións mediante símbolos gráficos, que proporcionan datos para a análise, deseño e elaboración de artefactos.”
disculpa cuando visite tu pagina web crei que estaba en español pero no logro identificar algunas palabras, a si que pienso que es una variente de el me podrias decir cual es?
Está escrito en galego, de Galicia. No es una variante del español, es una lengua diferente.
Puedes utilizar este traductor automático si hay algo que no entiendes.