Reciclar as pilas

As pilas usadas non se deben tirar directamente ao lixo, pois son moi contaminantes.

Segundo a normativa europea, os estados membros están obrigados a recoller como mínimo o 90% das pilas comercializadas despois do seu uso, pero iso non é unha tarefa doada se as persoas non colaboramos botándoas en contedores para pilas. No instituto tempos uns contedores especiais para botalas, e tamén recollémolas no taller de tecnoloxía.

Logo hai quen as aproveita para facer esculturas, como a que podes ver na foto:

escultura con pilas

Chámase Dead Star, e é obra de Michel de Broin, artista que combina arte, ciencia e tecnoloxía. É unha das esculturas más contaminantes que teño visto. (Vía: swissmiss)

Se queres saber máis sobre as pilas e tipos podes ver esta infografía de consumer.es: Tipos de pilas.


A velocidade da electricidade

Preguntácheste algunha vez cal é a velocidade da electricidade? Pois podémola calcular mediante esta fórmula:
fórmula
Onde
I= Valor da intensidade de corrente
S = Sección do cable
ρ = Carga móbil por centímetro cúbico (depende do material)

Supoñamos que temos unha corrente eléctrica continua de 1 amperio circulando a través dun cable de cobre de 1cm de radio. A aplicación da fórmula danos unha velocidade da corrente duns 8,4 cm/h.

Un movemento moi moi moi lento!

O que se transmite moi rapidamente é a enerxía eléctrica, pero non a corrente eléctrica. Así que nada de pensar que os electróns desprázanse coma bólidos por un cable.

É como ves nesta animación. As bolas do medio case non se moven, pero transmiten enerxía.

animación mecánica

Podes ler unha explicación máis longa en Desenchufados