Non todo vai ser facer cousas funcionais. Tecnoloxía e arte casan moi ben, e quixen aproveitar que teño unha impresora 3D para realizar un proxecto persoal de decoración dunha parede que tiña bastante sosa. Trátase dunha composición de hexágonos todos da mesma cor e dimensións, pero cada un cunha imaxe diferente.
[100hex from María L on Vimeo.]
Para a preparación das pezas e xeración dos ficheiros stl necesarios para imprimir utilicei:
- Debuxo CAD con Onshape
- Debuxos e fotografías tratadas con Gimp e Inskape, e xeración do ficheiro stl con Openscad.
- Programación directa con Openscad e BlocksCAD para a xeración de figuras recurrentes, funcións e fractais
- Algunhas pezas foron xeradas modificando ficheiros que atopei en Thingiverse. Grazas á xente por compartir!
Tendes todos os ficheiros en Thingiverse. Trátase dun proxecto aberto, que se pode ir ampliando con novas pezas. Se vos animades a engadir algún novo deseño, adiante.
Podería ser unha idea para decorar esas sosas paredes que soen ter os institutos. Non?
Feliz verán!
Nunca me gustaron esas esculturas feitas en plantas. Para min son moito máis bonitas se as deixas medrar ao seu aire, aínda que recoñezo o mérito artístico de quen se dedica á arte topiaria.


