Hai a quen lle custa iso de ver imaxes tridimensionais nun plano, por non falar do alzado, a planta e o perfil, pero hai un xeito de aprendelo moi entretido: xogar ó Tetrical, que funciona con pezas tridimensionais, complicando aínda máis o xogo do tetris.
Para comezar resulta máis doado o Cubical, da mesma casa, digitalmachina.
(Fonte: código cero)
Na rede hai un feixe de aplicacións para facer debuxos en tes dimensións. Un deles é Building Houses que che pide que constrúas pezas mediante bloques con axuda das súas vistas.
Na sección de ligazons podes atopar outras aplicacións e programas de debuxo tridimensional.