Na revista electrónica “Modelling in Science Education and Learning†(MSEL) amósanos un interesante proxecto de construción naval con materiais reciclados.
Aínda que o proxecto pareza sinxelo, para un nivel de 2º de ESO (temos feitos vehículos solares neste nivel), a proposta vai máis alá, pois plantexa un traballo de investigación sobre as propiedades de estabilidade e de movemento dos obxectos na auga, introducindo conceptos de estática e dinámica de fluídos, mecánica e enerxía, polo que sería interesante o traballo interdisciplinario entre as materias de tecnoloxía e física.
Unha vez construído o barco, o alumnado pode investigar sobre
– Estabilidade de la nave en función de la posición dos corchos
– Relación entre a velocidade e o nivel de inmersión
– Efectos do cambio do centro de gravidade na estabilidade do barco (enchendo a botella con pedras ou auga)
– Forma e orientación máis eficiente da hélice
– Traxectorias descritas segundo a posición do timón
En base ós resultados obtidos o alumnado debe modificar o deseño da nave, e intentar obter unha navegación o máis fluída, estable e veloz posible.
Se queremos complicalo máis e facer este proxecto en 4º de ESO, poderíase introducir un dispositivo de control remoto para dirixir o aparato.
Máis información
Vídeo do barco solar